Conversa:Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

Para cumplir con la licencia GFDL, aclaro que este artículo es una traducción del artículo que se encuentra en la Wikipedia en Español. Saludos, Raystorm, 10 agosto 2007, 18:38 (Perdon, mais no falo galego)

Cuestión sobre o nome do artigoEditar

Que sería mellor: Primeiro matrimonio homosexual en/de España ou Primeiro matrimonio homosexual de/en Galicia? AlberteSi, digame? 18:56, 10 agosto 2007 (UTC)

Uffffff.... Gran cuestión. Eu estiven cavilando e non cheguei a ningunha conclusión. Creo que o importante na Galipedia é que sexa o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Ademais coincide que é o primeiro en España. Pero o artigo creouno alguén así. Non sei que che diga... --Xabier Cid 20:55, 10 agosto 2007 (UTC)

Xa, eu tamén o pensei...É o primeiro matrimonio entre dúas persoas do mesmo sexo tanto en Galicia coma en España...A cousa é que traducino do castelán e creo que por aquilo de que estean ligados é mellor manter o nome, xa que de todas formas en España a definición de matrimonio é a mesma para todo o Estado (a diferencia doutros países coma Estados Unidos ou Canadá, onde muda de rexión a rexión). O que si se podería engadir no artigo é que foi tamén o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Que pensades? --Knorpel 03:47, 11 agosto 2007 (UTC)

Gardar a coherencia cun artigo da wikipedia española non é importante. É necesario sinalar que se traduciu de aló, conforme as regras das licenzas de contidos, pero iso non quere dicir que a partir de aí o artigo cobre vida independente: que aquí se poidan achegar máis datos ou menos datos, que se fagan ligazóns a esta parte ou a estoutra e que se inclúan datos dos primeiros matrimonios conforme a lei nova en Galicia. Eu son partidario de mudalo, e de retirar os datos referentes ao matrimonio de Pinto, que creo que non son demasiado relevantes na Galipedia. --Xabier Cid 09:04, 11 agosto 2007 (UTC)

Bueno, eu creo que sí se debería indicar dalgún xeito que a voda fou a primeira tamén en España polo que xa dixen de que é unha lei de carácter estatal. En canto ao de incluir información relativa ao primeiro matrimonio baixo a lei do 2005 en Galicia estou de acordo. Estiven investigando e creo que o primeiro (alomenos o primeiro ao que puideron acceder os medios de comunicación) foi o 24 de setembro en Cangas. Penso que podería manterse unha referencia ao matrimonio de Pinto por ser o primeiro baixo a nova lei en todo o estado e suprimirse a referencia ao celebrado en Barcelona. --Knorpel 15:50, 11 agosto 2007 (UTC)

A mi me parece que sería restarle importancia si se cambia el título. No me malinterpreteis, pero es como decir 'qué queda mejor? el primero de tal país o el primero del mundo?' Si se dice de España, queda implícito que es el primero de Galicia, pero si se pone al revés, ya no queda claro, y parece que pierde relevancia. Vamos, es una opinión. :-) Saludos, Raystorm 12 Agosto 2007 11:18h
    • Creo que non é cuestión de importancia do feito en si, porque a Galipedia non ten nin por que darlle importancia nin por que quitarlla. É cuestión de saber que definición é a máis axeitada en función dos obxectivos e intereses da Galipedia.--Xabier Cid 17:48, 12 agosto 2007 (UTC)
      • Er, sí, claro, yo me refería a importancia en términos de relevancia. Pero esta la enciclopedia en Galego, ¿no? No la enciclopedia de Galicia.... ¿O sí? Saludos, Raystorm 15 Agosto 2007 10:58

Máis sobre o títuloEditar

Volvo chama-la atención sobre o título. Eu penso que debe ser Primeiro matrimonio homosexual de Galicia. Tamén habería que ver se é o primeiro matrimonio homosexual de Europa, como parece indicarse na introdución, polo que outra opción sería Primeiro matrimonio homosexual de Europa. En todo caso este título creo que non debería permanecer. Alberte Si, dígame? 22:03, 25 xaneiro 2009 (UTC)

    • Se o que se di neste artigo é certo [1] non foi o primeiro matrimonio homosexual en Galicia, ademais o propio título pode ser enganoso porque legalmente casaron un home e unha muller (aínda que un mentía e era realmente muller), e simplemente polo feito de dar un nome falso o matrimonio xa non ten validez (aínda que fosen home e muller) --Biógrafo 22:18, 25 xaneiro 2009 (UTC)

Tamén no artigo se afirma que seguía a ser válido por non se modificar o rexistro civil, ben iso non creo que sexa totalmente certo, segundo o artigo 73 do Código Civil vixente na época é nulo todo matrimio celebrado por erro na identidade dun dos contraentes, e o da non modificación do rexistro civil non quere dicir que seguise a ser válido xa que o tiña que solicitar unha das partes (artigo 102)--Biógrafo 22:44, 25 xaneiro 2009 (UTC)

Entón que saída lle damos ó artigo? Este título non lle convén. Alberte Si, dígame? 20:35, 11 xullo 2009 (UTC)
Primeiro matrimonio homosexual de Galicia. Despois de ler todos os comentarios non teño dúbidas. Na miña opinión, na Galipedia ten que ser Primeiro matrimonio homosexual de Galicia. Iso non quita para engadir que así mesmo se trata do primeiro no conxunto do Estado e mesmo na península toda, iso xa non o sei. O dito: Primeiro matrimonio homosexual de Galicia.--Atobar (conversa comigo) 20:41, 11 xullo 2009 (UTC)

Por recuperar o tema: a observación de Biógrafo é importante. Dende o punto en que unha das contraentes compareceu baixo nome falso, trátase dun matrimonio que nunca foi válido nin recoñecido legalmente. Se non hai obxeccións, de aquí a uns días trasladareino a Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga e dareille un formato acorde. Trátase dun artigo que fala de dúas persoas, non dun acto administrativo nulo que nunca aconteceu. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 22:35, 13 de xuño de 2010 (UTC)

Vexo que en es:wp se titula Precedentes del matrimonio homosexual en España. Pode ser un título igualmente válido, referido ao feito pero sen pretender a súa validez. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 22:40, 13 de xuño de 2010 (UTC)
O que habería que saber é se o matrimonio foi finalmente anulado. Polo que leo no artigo non, aínda que elas foron excomungadas. Eu penso que regulamentariamente válido ou non, consta como matrimonio. Así que eu sigo apostando por Primeiro matrimonio homosexual de Galicia. --Alberte Si, dígame? 15:26, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Anúlase o que é válido e se quere facer nulo. O que é nulo dende o seu nacemento non hai que anulalo para que non teña validez. No libro de casamentos inscribíronse como cónxuxes Mario Gracia e Elisa Sánchez, non Marcela Gracia e Elisa Sánchez. E dado que Mario Gracia non existía, pouco válido pode ser o seu casamento nin nada seu. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 16:00, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Entón seguindo o que din Biógrafo e Xoacas a frase "Curiosamente a voda, segundo o Arquivo Diocesano, aínda é válida" é falsa.--Xián 19:40, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 10:26 (UTC)

Sección "Matrimonios homosexuais baixo a lei 13/2005"Editar

Esta sección ven herdada de cando o título do artigo era "Primeiro matrimonio homosexual...", e polo tanto tiña sentido entón. Co título actual, centrado nas protagonistas e na súa historia, entendo que non ten sentido neste artigo, queda como un "pegote". --Norrin (Fálame) 19 de decembro de 2020 ás 10:46 (UTC)

Certo. --. HombreDHojalata.conversa 19 de decembro de 2020 ás 10:50 (UTC)
Volver á páxina "Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga".