Conversa:Lura

Último comentário: hai 8 anos de Xoio no tópico Untitled

¿Este artigo refírese á pota ou ó calamar? --Carronada 20:04, 10 de maio de 2010 (UTC)

Untitled editar

  • Supoño que este será para a lura (español calamar), e haberá que crear outro para a pota ou tamén chamada lura pota. O que ocorre é que en español diferencian calamar por un lado, e lura=pota polo outro; mais en galego non é así. O interwiki á wiki en castelán estaba mal, pero xa o amañei. --Xoán Carlos Fraga 20:13, 10 de maio de 2010 (UTC)
    • Lura (chipirón, o pequeno) = calamar (cast) = Loligo vulgaris
    • Pota = Pota (cast) = Todarodes sagitattus
    • Choupa, pota, pota voadora = pota, volador (cast) = Illex illecerebrosus

O feito de que o galego utilice unha mesma forma común para especies parecidas (pero especies diferentes) é tamén común noutras linguas. Creo que debemos utilizar, como principal, as formas estándar, con referencias (eu collín as Resolucións de Pesca e a Guía de Alimentación). De onde quitas lura pota, Xoán Carlos? Pedro --Lameiro (conversa) 21:51, 10 de maio de 2010 (UTC)

Perfecto, o preguntaba polos interwiki que como pensaba estaban mal. Saudos.--Carronada 22:23, 10 de maio de 2010 (UTC)
Outra proba máis de aquela proposta de utiliza-los nomes científicos como entrada era unha boa idea. Mágoa que fose derrotada. A solución para a escolla do nome común non sempre será tan fácil. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:40, 10 de maio de 2010 (UTC)
O de lura pota é do dicionario en liña da RAG, só de aí. Mais descoñezo que se empregue esta denominación. --Xoán Carlos Fraga 10:38, 11 de maio de 2010 (UTC)


  • Efectivamente o artigo refírese á lura (mellor dito, a algunhas luras), e por iso están mal as interwikis. --XoioÉche o que hai 22:19, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Obviamente os nomes científicos son mellores cando o nome común ten sinonimias e significados laxos e pouco claros, o que é moi común.--Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2015 ás 22:57 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lura".