Conversa:Lingua asturiana

Último comentário: hai 3 anos de Atobar no tópico Bable

¿Non sería mellor poñe-lo nome de Asturias en galego? Debería poñer Principado de Asturias. Tamén se di que é lingua propia do Reino de León, pero ese territorio xa non existe con ese nome, debería dicir que se fala en comarcas das provincias de León, Cantabria e Zamora, e máis nun recuncho de Portugal (coido que é Tras-os-Montes, chámanlle Mirandés). [asdo: Roselynn]

Untitled editar

Tradicionalmente dise que o asturiano é un sistema de cinco vogais. Non existe en ningunha parte do dominio astur-leonés un área de sete vogais como a do galego (tal e como se afirma aquí). É certo que existen filólogos que postulan que existirían sete unidades vocálicas fonoloxicamente diferenciadas no asturiano. Porén, isto non se refire a cinco vogais "stricto sensu", senón ao comportamento "autónomo" dos diptongos crecentes "ue" e "ie", equivalentes (máis ou menos) ao "o" e "e" abertos galegos. Polo tanto, a afirmación de que no astur-leonés existe un sistema de sete vogais como no galego é simplemente falsa e indocumentada. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.38.140.179 (conversacontribucións)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lingua asturiana. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:00 (UTC)Responder

Bable editar

A entrada debe ser bable. Ese é o seu nome en galego, RAG mediante. A referencia que se agora mesmo se achega para lingua asturiana de feito non é tal, en ningunha das súas dúas acepcións; e asturiano tampouco non aparece recollido no DRAG como sinónimo de bable. Malia que a Academia que "vela" polo bable fala da llingua asturiana, está a referirse a ese idioma en asturiano, non en galego. Aquí debemos empregar o nome en galego, máxime cando se trata do título que dá pé á entrada. Asturiano ou lingua asturiana pode quedar, ao estar recollido -daquela maneira: LING. Conxunto de falas leonesas que se falan na área do antigo Reino de León.)- en dicionarios como o Digalego, pero debe ir sempre nun grao inferior. ---Atobar (conversa comigo) 10 de setembro de 2020 ás 16:10 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lingua asturiana".