Conversa:Le Sacre du printemps

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)

Dúbidas na sección Concepción editar

Piquito, vexo unha cousa rara na sección de Concepción, pon: "Wise oe "O Bico da Terra"", e teño dúas dúbidas: que é ese "Wise oe"?, non está na versión en inglés, e por que nesa sección chámase "O Bico da Terra" á primeira parte cando na sección anterior se indicou que se chama "Adoración da Terra"? (este mesmo problema está na versión en inglés). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 07:48 (UTC)Responder

Elisardojm, o "Wise oe" ese non sei de ónde saíu, seguramente se me foi a perola e escribín cousas sen sentido. O do "bico" e a "adoración" non é problema ningún, o que di o artigo é que a sección se ía chamar "O bico da Terra", mais logo mudou o título por "Adoración da Terra". Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:02 (UTC)Responder
Pero Piquito, nese parágrafo, se non o entendo mal, o que se di é que o que cambiou foi o título xeral da obra, de "O Gran Sacrificio" a "Santa Primavera", non se fala en ningures que a primeira parte cambiara tamén o título de "O Bico da Terra" a "Adoración da Terra", penso que aí hai algo que non encaixa. Ou eu polo menos non o encaixo..., e vin que na versión en inglés está igual pero non cadra. A explicación sería que ademais de cambiar o título xeral da obra cambiara tamén o título da primeira parte..., pero non teño información sobre iso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 18:58 (UTC)Responder
Elisardojm, o último parágrafo da sección di: Stravinski posteriormente explicou a Nikolai Findeyzen, o editor da Gazeta Musical Rusa, que a primeira parte da obra chamaríase "O Bico da Terra", e consistiría en xogos e danzas rituais interrompidos por unha procesión de sabios, culminando nunha danza frenética coa xente abrazando a primavera, cal é o problema? A min me encaixa perfectamente, non sei. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 20:12 (UTC)Responder
Claro, e se lle dixo a ese que ía chamarse "O Bico da Terra", como é que no artigo dise que a primeira parte se chama "Adoración da Terra" e non hai ningún sitio do artigo no que se explique esta diferencia? Iso é o que non me encaixa..., cambiou de idea despois? se é así, penso que debería aclararse nese parágrafo para que quede claro... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 22:44 (UTC)Responder
Elisardojm, eu non teño o libro que fai referencia a esa frase... eu non teño motivos para desconfiar dun FA da Wikipedia en inglés, nesa Wikipedia hai moitos editores que poden revisar o artigo, e que contan con máis bibliografía dispoñible da que eu lamentablemente podo manexar. O que estou seguro ao 99'9% é de que inicialmente Stravinski pensou titular a esa parte dese xeito, como lle comunicou a Findeyzen, outra cousa é que logo o pensara mellor e decidira mudar o título, algo por certo moi habitual. Eu do que si teño referencias é do primeiro dos títulos (o da sección anterior), polo que podo case asegurar que o que pasou foi eso, inicialmente pensou nun título e logo o cambiou por outro. Unha aperta!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 16:34 (UTC)Responder
Non, eu tampouco desconfío e supoño o mesmo ca ti, pero penso que debería estar aclarado no artigo porque doutro xeito pode levar a confusión. Vou preguntar na wiki en inglés a ver se alguén de alí pode dar un pouco máis de información sobre o tema. Xa che contarei se din algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 20:44 (UTC)Responder

Dúbidas na sección Carácter xeral editar

Neste apartado hai unha cita de Robert P. Morgan que comeza por comiñas pero non se pechan, non sei onde poñelas porque esa parte non está no artigo en inglés.

E é correcto: " bitonalidade (a utilización de dúas armaduras diferentes de xeito simultáneo)"? Armaduras? Tampouco o podo comprobar porque non coñezo a fonte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 09:26 (UTC)Responder

É correcto, de todos xeitos mudei armadura por tonalidade para que non haxa confusión. Puxera armadura para non poñer tanta tonalidade xunta, pero a armadura tamén se refire ao compás, así que mellor así. Agora reviso en Morgan o que comentas arriba. Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:10 (UTC)Responder
  Feito! Xa pechei as comas, non son exactamente as palabras de Morgan, modifiquei un pouco o principio e o final da segunda frase, pero vén significar o mesmo. Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:55 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 00:12 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 12:32 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (abril 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de abril de 2019 ás 17:00 (UTC)Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de setembro de 2019 ás 23:41 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de febreiro de 2020 ás 16:34 (UTC)Responder

Volver á páxina "Le Sacre du printemps".