Conversa:Isabel de Castro e Andrade

Último comentário: hai 8 anos de HacheDous=0 no tópico Untitled

Untitled

editar

Unha cousa, suponse que os nomes de personaxes históricas hai que traducilos igual que os nomes dos reis de Castela? Non sería Sabela de Castro? --Isili0n (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 14:36 (UTC)Responder

Estás supoñendo que Isabel non é galego, é si que o é. Sabela é un hipocorístico que se converteu en nome [1] polo tanto as Isabel, Elizabeth, etc doutras linguas tradúcense como Isabel. Igual que Alexandra e Xandra, así a Alejandra castelá é o equivalente da Alexandra galega non de Xandra--HacheDous=0 (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 14:51 (UTC)Responder
En efecto, tanto Isabel coma Sabela son nomes galegos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 2 de outubro de 2015 ás 14:54 (UTC)Responder
E "Teresa" tamén é un nome galego? Saúdos. --Isili0n (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 15:05 (UTC)Responder
Pois parece que si [2] e a popularidade da santa española Teresa parece que fixo que esta forma concordante co castelán acabara por impoñerse, cando a variante "Tareija" era de uso moi habitual no século XV. .--HacheDous=0 (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 15:20 (UTC)Responder
Volver á páxina "Isabel de Castro e Andrade".