Conversa:Hixía (mitoloxía)

Último comentário: hai 4 anos de Miguelferig no tópico Nome

Nome editar

Higeia con g soame sospeitoso en galego. Debe de haber unha forma con x.--Miguelferig (conversa) 6 de marzo de 2020 ás 21:06 (UTC)Responder

Miguelferig, non o atopei con x, cres que deberiamos movelo a Hixeia? Lles (conversa) 9 de marzo de 2020 ás 13:55 (UTC)Responder

Ola Lles. Non atopei referencias tampouco, pero non é lóxica esa ortografía en galego, o lóxico é que eses g se convertan en x, como ocorre coa palabra hixiene, que ten case a mesma etimoloxía. Atopei o nome Hixía nesta páxina de divulgación científica en galego: GCiencia: xornalismo+divulgación, que se refire ao nome que lle puxeron a un planeta anano do sistema solar nomeado por esa deusa. No artigo farmacia da nosa wikipedia tamén se usa o termo "copa de Hixía" para referirse ao símbolo das farmacias (pero tamén temos o artigo copa de Higeia, que presenta o mesmo problema de ortografía). Non son especialista nisto para dicir cal forma exacta é a mellor (Hixía, Hixia, Hixea, Hixeia), pero con g non creo que se poida poñer.--Miguelferig (conversa) 9 de marzo de 2020 ás 19:45 (UTC)Responder
Agora atopei outra referencia en galego no Dicionario latín-galego de José Carracedo Fraga, que, efectivamente, a denomina Hixía, e que se pode consultar en google books (ver a páxina 151 aquí). Tendo en conta isto, creo que se debería cambiar o título a Hixía (e tamén copa de Hixía).--Miguelferig (conversa) 9 de marzo de 2020 ás 20:15 (UTC)Responder
Miguelferig, cambieino. Lles (conversa) 11 de marzo de 2020 ás 10:08 (UTC)Responder
Moi ben.--Miguelferig (conversa) 11 de marzo de 2020 ás 16:56 (UTC)Responder
Volver á páxina "Hixía (mitoloxía)".