Conversa:Guindastre
Untitled
editarO diccionario da RAG (1997, anterior ás actuais Normas) recolle grúa e guindastre pero define en esta, o que indica a súa preferencia.
O Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000) recolle grúa (con este significado) con marca de "galego non estándar", e Guindastre como forma "estándar normativa".
O VOLGa (2004, posterior ás Normas) tamén recolle as dúas entradas pero marca grúa con asterisco (é dicir, "menos recomendada" ou "incorrecta", segundo o caso) e remite coa marca "igual pero mellor" ó sin. guindastre.
A Sociedade Galega de Terminoloxía SGAT prefire guindastre [1]. A versión galega da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-94) usa "operadores de guindastres".
Creo que queda claro que deberiamos utilizar só guindastre aínda que, en sentido estricto, "grúa" no sea incorrecta. Que queda claro que non son equivalentes.
Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 10 marzo 2008 (UTC)
- Claro esta que debese gardar guindastre como unica entrada da Galipédia, xa que non elaboramos un diccionario. Pero esto non e contradictoria que paa palabra grúa podese decidir de gardala nuha páxina de homonimias si diirixe a guindastre ElviraConversa con mi 23:14, 10 marzo 2008 (UTC)
- Á vista do exposto por Lameiro estou de acordo coas súas conclusións, que implicaría retirar o guindastre ou grúa e deixar só gindastre. --Arco de Rayne 13:38, 11 marzo 2008 (UTC)
- A proposta resume que eu faría sería a seguinte:
- Deixar por un lado a entrada grou, onde xa dicimos que o feminino é grúa.
- Crear unha entrada grúa que redireccione directamente a grou.
- Deixar guindastre máis ou menos como estaba antes. Nun párrafo á parte, nunha nota, dicir que a forma grúa con tal significado, sendo correcta polo de agora, non é recomendable, e explica-las razóns.
- Elimina-la actual páxina de homónimos grúa, xa marcada para borrar.
- As 4 propostas de Lameiro parecenme mui boas, estou convencidaElviraConversa con mi 15:34, 11 marzo 2008 (UTC)
- Velaquí o segundo acordo. Falta un. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:39, 11 marzo 2008 (UTC)
- Se o meu tamén vale por un, aquí queda. Lansbricae (Ti dirás) 15:54, 11 marzo 2008 (UTC)
- Un máis de acordo.--Arco de Rayne 15:57, 11 marzo 2008 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Guindastre. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170708192801/http://www.contenedoresymodulos.com/noticias/historia-de-la-grua-en-la-antiguedad/ á ligazón http://www.contenedoresymodulos.com/noticias/historia-de-la-grua-en-la-antiguedad
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 19:58 (UTC)