Conversa:Grupo Galaico de Arte Rupestre

Último comentário: hai 3 meses de Xicodaponte no tópico Petróglifos galaico-portugueses

Untitled editar

A palabra xacemento é un castelanismo, unha tradución directa de "yacimiento". No está aceptada pola RAG. O termo máis axeitado é sitio arqueolóxico.

  • Xacemento si é galego, e está aceptada pola RAG. [1] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:44, 1 de setembro de 2011 (UTC)
    • Si, xacemento é galego e así o admite o VOLGa e o DRAG. Si, pero só co significado xeolóxico de "Acumulación de mineral sólido, líquido ou gasoso, ... tanto na superficie coma no interior da terra, e que é susceptible de ser explotada. Posúen importantes xacementos de petróleo". Os *xacementos arqueolóxicos son un castelanismo, como ben di o noso usuario anónimo. Pedro --Lameiro (conversa) 16:51, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Gravados aparecidos nos últimos vinte anos editar

En primeiro lugar, e de acordo coa conversa anterior, penso que habería que cambiar o nome da sección do artigo titulada xacementos por sitios arqueolóxicos ou estacións arqueolóxicas.

Noutra orde de cousas, nesa mesma sección coido que se deberían incluir os petróglifos aparecidos nos últimos vinte anos no norleste da provincia da Coruña. O seu número e as súas temáticas son dignas de mención.

Transcribo a continuación un comentario ao respecto do Grupo Arqueolóxico Terra de Trasancos no artigo sobre os gravados rupestres no Couto dos Golpes aparecido no Anuario Brigantino de 2006:

Pensamos que trala aparición nos últimos anos dunha vintena de estacións rupestres espalladas polos concellos do NL da provincia da Coruña, empeza ser notoria a falta de interés e o silencio dun sector dos investigadores. Esperemos que estas novas aportacións axuden a cambiar a mellor esa traxectoria.

Ben sei que podería facer eu mesmo as modificacións oportunas, mais penso que antes é ben informar á xente máis implicada no artigo.

Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 11:59, 26 de novembro de 2011 (UTC)

Referencias editar

O artigo teima unha e outra vez na carga simbólica dos cervos, das figuras xeométricas e das escenas de caza, aasí como no contido ritual ou iniciático da actividade conexética. Faino, ademais, asegurando tal afirmación ou apoiándose na posibilidade e na probabilidade de que así sexa. É dicir, elucubrando conclusións baseadas do "pode ser". E si, é posible que que gravara un círculo, unha cazoleta ou un cervo estivera simbolizando algo nese mundo mítico e máxico, tan posible como que non fose así. Por conseguinte, o artigo deixa caer conclusións pero non as sustenta en ningures. O que lle resta fiabilidade e debería ser eliminado se non se achegan referencias, e referencias fiables, non calquera cousa. Xa haberá tempo.

Borro tamén a afirmación de que se representan bóvidos (xunto a cérvidos, équidos e serpes). Non coñezo ningún caso de bóvido, aínda si dun posible can. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de maio de 2019 ás 23:49 (UTC)Responder

Petróglifos galaico-portugueses editar

 
Localização dos petróglifos galaico-portugueses

Boa tarde, há petróglifos galaicos dos dois lado da fronteira! Era bom não esquecer esse pormenor. Obrigado.Xicodaponte (conversa) 17 de xaneiro de 2024 ás 20:48 (UTC)Responder

Volver á páxina "Grupo Galaico de Arte Rupestre".