Conversa:Forte da Ínsua

(Redirección desde «Conversa:Forte da Insua»)

Untitled editar

Coido que o título debera ser "Forte da Ínsua", como en portugués. --Toliño Fala aquí comigo 09:36, 15 setembro 2009 (UTC)

En xeral os topónimos portugueses adáptanse en galego mudándolles entre outras cousas a acentuación. Como sempre que temos un problema con topónimos, non hai ningunha fonte que nos poida servir de referencia. Tendo en conta que a tal insua se atopa preto de Galicia, e non é unha vila do Paraná profundo, eu optei por seguir a adaptación habitual. --Xabier Cid Conversa 10:36, 15 setembro 2009 (UTC)

  •   Concordo co traslado; Penso que se o nome fose en minúsculas ("ínsua", recibindo o nome do tipo de accidente xeográfico), podería traducirse, pero se aparece en maiúsculas, coma un topónimo xa establecido, debería respectarse o orixinal en portugués. --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:44, 16 setembro 2009 (UTC)
Volver á páxina "Forte da Ínsua".