Conversa:Dragón (homónimos)

Último comentário: hai 9 anos de Sernostri no tópico Título

Título editar

Para harmonizar con outras páxinas de homónimos da Galipedia, e tendo en conta que actualmente se dá a anomalía de que hai unha redirección Dragón (mitoloxía) cara a Dragón (na que se refire aos dragóns mitolóxicos), penso que cumpriría intercamiar ambos os títulos, deixando Dragón como páxina de homónimos, e Dragón (mitoloxía) como título do actual Dragón. --XoioÉche o que hai 17 de maio de 2014 ás 23:50 (UTC)Responder

  Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de maio de 2014 ás 03:12 (UTC)Responder

  •   Discordo Non entendo que por que haxa unha redirección dragón (mitoloxía) cara a dragón haxa que mudar a páxina. Cando se fala de dragón a que se refire a xente polo xeral, á constelación? non a non ser nun contexto de afeccionados á astronomía. Da tormenta de Saturno? non, e do resto tampouco. A misión das páxinas de homónimos é facilitarlles aos usuarios atopar o que procuran, pero de o mudar moito me temo que poderiamos ir na dirección contraria. O que se busca cando se fala de dragón é o ser mitolóxico na gran maioría das veces, ese é o seu uso común. Non vexo pois unha razón práctica para a mudanza.--Sernostri (conversa) 18 de maio de 2014 ás 07:26 (UTC)Responder
Despois de comprobar que a constelación está no artigo Draco e a tormenta en Tormenta Dragón (astronomía) mudo para discordo totalmente. É totalmente innecesaria mudar a páxina, como se di as páxinas de homónimos son unha axuda á navegación, non hai outro artigo que ocupe o espazo de nomes dragón polo que non se cumpre sequera a norma en Wikipedia:Homónimos Non hai artigos con títulos homónimos.--Sernostri (conversa) 18 de maio de 2014 ás 07:45 (UTC)Responder
Volver á páxina "Dragón (homónimos)".