Conversa:División Azul

Último comentário: hai 7 anos de Elisardojm no tópico División Azul

División Azul editar

Boas, alguén ten referencias para indicar que este artigo ten que ligarse como "división azul" as dúas en minúscula? Eu sempre o vin escrito como "División Azul". RubenWGA, por favor, non sigas cambiando isto hasta que se aclare este tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2017 ás 20:50 (UTC)Responder

División Azul, entendo eu, ou mesmo División azul, se se quere, pero división azul (todo en minúscula) non. Existen diversos manuais ao respecto. Velaquí o do DOG da Xunta. --Atobar (conversa comigo) 23 de abril de 2017 ás 09:56 (UTC)Responder
Boas tardes Elisardojm, Atobar. Eu non teño moita idea disto ao que vos referides, mais vin que Alfonso comezou a escribilo en minúscula e non puxen en dúbida o seu traballo. Desculpade as molestias se non estivemos acertados nesta ocasión. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 23 de abril de 2017 ás 11:28 (UTC).Responder
De todos os xeitos, cómpre esclarecer o tema xa que non pode estar no título "División azul" e no artigo "División Azul". Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 23 de abril de 2017 ás 11:33 (UTC).Responder
Boas, non atopo referencias para "División azul", a segunda con minúscula, polo tanto penso que deberíamos cambiar o título do artigo a "División Azul", a non ser que teñades outra información... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2017 ás 07:37 (UTC)Responder
Adiante. --Atobar (conversa comigo) 24 de abril de 2017 ás 08:49 (UTC)Responder

Boas, eu non atopei ningunha norma ortográfica ao respecto nin ningunha referencia, mais para min semella que a forma correcta sería División Azul, forma análoga a Armada Invencible. Mais insisto, non coñezo ningunha fonte ao respecto. Se queredes unha resposta de peso sempre podedes preguntarlle ao Seminario de Lexicografía da RAG que, polo xeral, adoita dar algunha resposta sobre o uso das maiúsculas. Saúdos.--Isili0n (conversa) 24 de abril de 2017 ás 13:01 (UTC)Responder

Grazas Isili0n, despois de buscar referencias para o uso con minúscula sen resultado, e despois de que teñades concordado comigo en que o correcto é "D", "A", paso a unificar todo a ese nome. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2017 ás 17:04 (UTC)Responder

  Feito! Creo que xa están cambiados todos os artigos a División Azul. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2017 ás 17:37 (UTC)Responder

Volver á páxina "División Azul".