Conversa:Diario de Ana Frank

Último comentário: hai 8 anos de Atobar no tópico Untitled

Untitled editar

Tradución de parte do artigo da wk.es --Iago dime 22:58, 9 abril 2009 (UTC)

Semella importante que a persoa que editou este artigo lea o seguinte link: http://queleer.com.ve/2016/02/22/la-fundacion-ana-frank-reconoce-finalmente-que-el-padre-fue-autor-de-la-novela/

Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.24.229.222 (conversacontribucións)

Paréceme opinión, e bastante tendencioso, a contar dende o titular (por certo, ese tal Richard Verrall é un recoñecido negacionista, autor de Did Six Million Really Die?). Sería perigoso incluír o que máis se asemella á opinión ca ainformación fidedigna. Polo que leo na rede, esta fonte que sinalas, ip, é dos poucos lugares que recollen, con algo de mala baba, esa versión do pai como artífice dos diarios; por outra banda, á marxe da mitificación lóxica que sempre hai na Historia, non creo que esteamos diante dun complot sionista nin nada semellente para potenciar o vitimismo dende postulados falsos... co cal poño en cuestión, como pouco, a veracidade do que se di en Queleer.com.ve. En fin, paréceme que debe quedar no terreo da controversia, non como contido dun artigo enciclopédico (ben lonxe chegou ao ir parar a esta páxina de conversa). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de febreiro de 2016 ás 18:18 (UTC)Responder
Volver á páxina "Diario de Ana Frank".