Conversa:Cidade difusa

Cidade difusa ? editar

O concepto de cidade difusa penso que é un concepto moderno da urbanicación de finaís do seculo XX e inicios do seculo XXI en moitas partes do mundo e usado para falar d'un fénomeno de carácter urbano en xeral. Non é " un fénomeno de carácter urbano que se dá na rexión que comprende o norte de Portugal (entre o Miño e o Douro) e Galicia." . Penso que sera o que chamse en francés ville difffuse en oposición a ville compacte ? Vexase : [1], [2] etc etc. Con esto quero decir que no caso que fontes acrediten do fenomeno urbano na zona arredor do Miño, podese darlle un nome propio, deixando o titulo tan xeral de Cidade Difusa. É só a miña opinion. ElviraConversa comigo 11:12, 17 maio 2009 (UTC)

  • Estou de acordo. Xa lle insistín ao usuario que está co artigo en que as afirmacións deste tipo ou van referenciadas ou non poden ser. Así e todo, deámoslle un tempiño prudencial, para iso está co marcador EnUso. Pero si, é certo, segundo eu o entendo, o concepto de Cidade Difusa non é un fenómenos galaico. Subxectividade de máis, coido eu tamén.--Atobar (conversa comigo) 11:21, 17 maio 2009 (UTC)
    • Concordo con ti Atobar : agardar o que da o artigo, podese que teña fontes que acrediten dunha particularidade do fenomeno niste territorio e que movendo para un titulo especifico o artigo falla a pena quedar. ElviraConversa comigo 11:47, 17 maio 2009 (UTC)
  • Cumpría facer algo con isto. Leva así dende maio. --Atobar (conversa comigo) 21:05, 28 novembro 2009 (UTC)

Proposta e pedida de axuda aos especialistas editar

Eu polo que sei (sen ser especialista) :

  1. o concepto de cidade difusa é un concepto xeral coa súa historia é as sús concepcións modernas nos campos da gestion urbanistíca, da arquitectura e do medio ambiente. (cidade difusa/cidade compacta)
  2. o artigo, tal como está hoxe mestura moitas cousas : o concepto xeral, os obxectivos da "rexión europea Galicia norte de Portugal" (Eixo Atlantico do noreste peninsular : Puesta en marcha del proyecto PISU (Plan Integrado sobre Sostenibilidad Urbana), e todo o que vai cos proxectos, os debates eca politica urbanistica en Galicia (publicación dun libro), [3], [4] etc etc
  3. vexo varias solucións :
  1. conservar o artigo retirando todo o que toca a Galicia e o Eixe Atlantico, agás deixar unha sección final sobre Galicia.
  2. propor o artigo para borralo en canto un(s) usuarío(s) non se meten a iniciar un artigo sobre o concepto de cidade difusa (o galego sirve tamén para informar sobre conceptos xeraís, e para que un lector galeofalante non teña que ir buscar esto noutras linguas), e si se pode recuperar antes o material que poida ir nuha seccion dos artigos urbanismo ou Historia urbana ou outro artigo que non lembro agora.
  3. non sei hasta que punto (fontes acreditadas e contidos de sufciente relevancía) podense ter artigos como "cidade difusa en Galicia", o "Eixe Atlantico" etc, artigos que leven titulo que dín claramente que se trata de Galicia e/ou do noreste peninsular.
  • A ver si atopamos usuarios especialistas de urbanismo, arquitectura, gestion ambiental social, para que opinen e axuden a tomar decisións. Elvira (conversa comigo) 17:22, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Unha opinión máis editar

Eu penso que habería que cambiar o nome do artigo a Cidade difusa no Eixo Atlántico ou engadirlle a este artigo unha primeira parte sobre a Cidade Difusa como concepto xeral e que o actual quedase incluído nel. A min non me importaría facelo, pero visto que o usuario creador entra normalmente, seguramente gustaríalle facelo a el. Non sería partidaria de borralo, posto que é un artigo moi interesante.

Quedo a vosa disposición, Salvora(Cóntame) 21:249, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Explicación aclaratoria editar

Parece que isto ferve.

Ata agora o meu itinerario mental foi o seguinte:

Primeiro, na área comprendida na banda costeira atlántica de Galicia e o tercio norte de Portugal estase a dar, dende mediados do século XX, un fenómeno urbano peculiar. Este fenómeno está caracterizado, na súa expresión física, por unha ocupación extensiva do territorio, a mestura das funcións produtiva, comercial e residencial, unha alta intensidade de poboamento e unha baixa densidade de vivienda por unidade de superficie, amén doutrás cuestións que teñen máis que ver co sociolóxico e o económico. Estas características e as súas expresións físicas e numéricas levan aos estudosos da disciplina urbanística a identificar nesta área un fenómeno característico e diferenciado.

Segundo, a área na que se presenta o antedito fenómeno urbano coincide coa que, dende un punto de vista xeográfico, vense en chamar Eixo Atlántico Peninsular, ou Eixo Atlántico a secas. A decir dos xeógrafos, esta zona, alén das características do seu modelo de asentamento, caracterízase e diferénciase tamén por certos rasgos peculiares. Non é casualidade que, estudada a súa historia, atopemos este territorio xa singularizado dende ben antes da conquista romana.

Terceiro: cada unha destas características diferenciadoras (como sistema urbano, como unidade xeográfica, como territorio histórico) non é exclusiva desta área. É a combinación de todos eles o que nos permite falar desta área singularizándoa. Sei que existe a ville diffuse como existen tantos outros modelos de desenvolvemento urbano que comparten con ela certas características "rurbanizadoras" ( véxase a bibliografía, por resumir), pero o sistema urbano galego-portugués (ou como se lle quera chamar) non se pode indentificar con ningunha delas.

Sei que non é unha cuestión sen importancia o título que leve o artigo, por iso quero aportar ista explicación. Eu tampouco sei ata qué punto se poden ter artigos como "cidade difusa en Galicia" ou "Eixo Atlantico", cun grao tal de definición localizadora no seu título. Pero tamén pregúntome cómo haberá que tiitular os artigos sobre fenómenos que, realmente e por eles mesmos, están tan claramente localizados no territorio galego con características propias. Se atendemos á unidade xeográfica, a denominación de Eixo Atlántico ten sido empregada, máis adiante, en ámbitos políticos, pero non é menos certo que o Eixo Atlántico é unha realidade que excede á Unión Europea, ás políticas plantexadas para os seus territorios transfronteirizos. Se atendemos ao fenómeno urbano, se cadra tampouco é axeitado falar de cidade difusa, ainda que é así como se lle chama no gremio ao dar por sobreentendido de qué estamos a falar.

En canto ás solucións baralladas ata agora, a qué máis me convence é a propoata por Salvora. Si non estou errado, ela propón facer un artigo que fale, en xenérico, de todos aqueles fenómenos que se podan englobar baixo o nome de "cidade difusa", e facer que o xa escrito pasase a referirse ao caso galego-portugués. Anímoa a que o faga. A outra alternativa, a proposta por Elvira, non me fai tanta gracia, e supoño que é comprensible.

--Xoacas (qué me queres, amor?) 19:45, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Camiño da resolución editar

Efectivamente, o de facer unha explicación xenérica paréceme o máis axeitado. Posto que o termo en sí posúe diferentes escalas e é un termo complexo que en moitas ocasións se empregou erradamente, levarame un pouco de tempo, pero non teño ningún problema en facelo. Se a todos vos parece ben, empezarei con el.

Quedo a vosa disposición, Salvora(Cóntame) 20:59, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Resolución. editar

Por min aceptamos pulpo como animal de compañía. --Xoacas (qué me queres, amor?) 20:22, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Pola miña banda penso que o que poden fazer Salvora e Xoacas sera mui construtivo. Primeiro gardar o artigo co titulo actual e contido xenérico (que según entendo Salvora colle o traballo principal) no cal podense seguramente integrar secións que leven a desenvolver outros artigos. E logo artigos especializados. Xa diredes, según a explicación de Xoacas poden ser de tipo : Eixo Atlántico (programa euroepo) e Eixo Atlántico (xeografía) (ou Eixo Atlántico (urbanismo)) nistes casos o tema da cidade difusa só sera unha parte do contido, supoño. Seguro que hai outras posibilidades . Metome nesta conversa, eu só pretendo axudar a aclaracíon e a organización dos coñecementos que tedes para mellorar a Galipedia e cos lectores da Galipedia poidan atopar artigos orixinaís e de calidade sobre conceptos xeraís que teñan ligazón aos artigos dos temas en Galicia. Seria unha pena que se perda todo o traballo de Xoacas. Ánimo e adiante : tedes coñocementes a compartir e calidades de compañerismo, eso é importantissimo !Elvira (conversa comigo) 02:00, 10 xaneiro 2010 (UTC)
  • Algo así era o que eu tiña en mente, pero cunha diferencia fundamental: no canto de pór a atención sobre a área xeográfica (o Eixo Atlántico Peninsular) e falar dela dende distintos puntos de vista (político, urbanistico, económico...), eu pensaba en poñela sobre o fenómeno urbanístico (a Cidade Difusa) na súa máis ampla extensión, falando del de xeito xeral e relatando os exemplos nos que ten lugar en diferentes lugares do planeta, tamén do galego-portugués como caso particular. Existen múltiples fenómenos urbanos caracterizados pola ocupación extensiva do territorio, a mestura das funcións e a baixa densidade, amén doutros rasgos máis característicos para cada caso concreto. Todos eles poderíanse englobar dentro da denominación xenérica de Cidade Difusa, a falta dun nome máis específico. Nas outras wikipedias non parece haber moito consenso sobre a denominación: sprawl urbano, città diffusa ou dispersione urbana, dispersión urbana , dispersión suburbana , urbanización por derrame o suburbanización por derrame, étalement urbain, alastramento urbano ou alastramento suburbano. Por non falar da variada nomenclatura empregada polos teóricos do tema: metropolización, periurbanización, rururbanización, contraurbanización, referidas só ao caso galego-portugués, aínda que algunhas delas sexan herdadas de fenómenos anteriores. Eu teño claro que todo isto vai dar traballo, pero prisa non temos e hai moita xente que se pode animar a participar. Se me apuras ata podería ser divertido adicar un apartado ás formulacións teóricas como as do ChiPitts ou o BosNYWash, o SanSan, o BAMA. Tamén é curioso cómo se fala da cidade difusa na literatura, como o sprawl do que falaba William Gibson, pero se cadra pode ser excesivo tocar ese tema.--Xoacas(Qué me queres, amor?) 17:44, 10 xaneiro 2010 (UTC)

Que facemos con este artigo? Ata agora creo que o único editor fun eu. Se fose agora non faría isto nin nada que se lle asemelle, pero para arranxalo ou aproveitalo non teño paciencia nin ganas agora. O borrado paréceme unha opción razoable. Xoacas(de laranxa) 20:36, 1 de maio de 2010 (UTC)

    • Dacordo que tal como está agora, a opción razoable é de propor o artigo para borrado. Pero antes estaría ben pedirlle a usuaria Salvora< que intente de amañar o artigo (ver a súa proposta) seguindo os seus coñecementos e fontes. Elvira (conversa comigo) 09:00, 3 de maio de 2010 (UTC)

A usuaria Salvora está ausente dende hai tempo (xaneiro) e non semella que isto se vaxa arranxar de acó a un tempo. A min este artigo serviume para explorar a Galipedia, e foi bo como aprendizaxe, pero agora mesmo xa me sobra. Alguén se opón á súa eliminación? Xoacas(non te me poñas así) 21:50, 18 de maio de 2010 (UTC)

  •   Artigo borrado. Queda a páxina de conversa por se for de utilidade no futuro. --Atobar (conversa comigo) 01:34, 2 de marzo de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Cidade difusa".