Conversa:Castro de Viladonga

Discussões ativas

dereitosEditar

Non dou atopado que tipo de licenza ten ista páxina web Sobre o castro de Viladonga, pero a cabeceira do artigo é unha copia do texto da páxina. ElviraConversa comigo 19:15, 19 outubro 2008 (UTC)

Sobre a licenza deberías preguntarlle ao administrador Banjo que foi quen iniciou o artigo con isa frase. Lansbricae (Ti dirás) 07:58, 20 outubro 2008 (UTC). Si se comproba o contido da primeira edición pódese ver que é unha copia de toda a páxina que apuntas, non só a primeira frase. Lansbricae (Ti dirás) 22:20, 20 outubro 2008 (UTC)

Ola Lansbricae.

Teño presa, pero o asunto dos castros importame moito. Penso que vés para colaborar:

  1. o usuario Banjo se tén que decir algo xa o dirá : xa fai moito tempo (decembro do 2006) quil comezou iste artigo. Eu ata fai pouco dicia de onde copiaba por dar o informe e non pensando no problema da licenza. Fai pouco tempo que doume conta que isto é un problema para os proxectos wikis e na rede en xeral.
  2. agora temos iste artigo en tres proxectos, en gl e en pt con copia doutro sitio web e co problema da licenza pendente, tamén temos o artigo en fr, mais curto pero redactado polo usuario que editou, e polo tanto sen problema.
  3. se alguén sabe recoller a licenza e que é libre de direitos, poís ise usuario pón iso no artigo de gl e de pt e deixa o texto como esta, debemos resolver o asunto.
  4. se ocurre que ai direitos poís temos que fazer outro texto para recuperar o informe.
  5. a ver si ti podes facer algo de colaborativo para gl e pt ?
  6. pola miña banda, se ninguén fai nada, intentarei de ver si podo adiantar durante a sema.

Saúdos ElviraConversa comigo 22:54, 20 outubro 2008 (UTC)

Je, je. A paciencia é a mai das ciencias. Na wiki pt xa o solucionaron: grazas ao teu aviso de que todo o artigo era unha copia da páx web, cotexaron os contidos e eliminaron a aportación de Banjo que é a que infrinxe os dereitos de autor da páxina web. O aportado por mín ten a súa fonte embaixo na bibliografía, polo que calquera pode comprobar se é un copyvio ou non lendo o libro.
No referente as colaboracións, ocúrrenseme dúas: colaborar en que se restituíse a boa imaxe dun editor acusado de ánimo de lucro, sen ningunha base, despois de máis de 3 anos traballando de valde no proxecto e coa xustificación de que non é quen de demostrar a súa inocencia (vid. w:es:El Proceso). (Nin que o argumento o escribira Miguel Mihura). E 2 aclarar os feitos ocorridos duramte esta expulsión por acoso a um administrador que levaron a unha especie de "Vo da morte" (vid. Guerra sucia en Arxentina) e os vivas do respetable tralo exterminio (O Bloqueo Final) do usuario Maañón. Se che interesa calquera dos dous temas aberto estou a falar deles. Saudos. Lansbricae (Ti dirás) 20:40, 21 outubro 2008 (UTC)
Non vexo nada produtivo no que dís Lansbricae. No artigo de pt:Castro de Viladonga non hai ningún aporte de Banjo véxase o histórico das edicios, o primeiro que editou o texto sendo ti no 2008) ten a responsabilidade do que fixo, que sexa traducindo de gl ou direitamenta da web. O aviso que fixen só pretendia indicar "copia" encima do texto, collin un marcador por non falar portugués e non atopei marcador que dixera "parte do texto". Non teño nada maís que comentar na conversa diste artigo. ElviraConversa comigo 21:46, 21 outubro 2008 (UTC)
Coincido contigo en que eu tampouco vexo nada produtivo no que dís. Menos productivo as distintas versións que apuntaches tamén na wiki en pt na que marcaches como copyvio o artigo a diferencia de aquí na gl. Creo que estás a trabucarte moito. Eu respondo das miñas edicións non das edicións dos demais. Durante bastante tempo nas miñas participacións na galipedia escollía ampliar artigos iniciados por outros pero con pouco contido: foi como cheguei a este do Castro de Viladonga. Seguindo o criterio da boa fe non comprobo se o escrito por outros editores é unha copia doutro sitio web ou publicación calquera, comprobo que sexa coherente co que eu dispoño. Respeto o existente e tento ampliar. Se ese artigo é despois traducido a outras wikis e se descubre con posterioridade que existe texto copiado integramente dunha web o responsable é quen fixo esa edición que infrinxe dereitos de autor. Este tipo de casos son os que fan que sexa importante cando se faga unha tradución ou adaptación dun artigo a outra wiki indicar de onde proceden os datos xa que permite evitar que unha edición non respetuosa cos dereitos de autor se propague polas wikis.
Que pretendas que eu que traballei na ampliación do artigo e o levei a wiki en pt teña responsabilidade na edición feita por outro é estúpido xa que ninguén é coñecedor de todo o publicado sobre un tema determinado e a ninguén se lle pode esixir. E recorda presuma a boa fe. Que na galipedia o que apuntaches ao principio como que a primeira frase era igual que a web se consultas o historial implica que un administrador fixo un copyvio flagrante, e creo que nas wikis eso ten unha consecuencia. Iso é cousa vosa.
Por certo. Coñezo a páxina de amigos do Museo de Viladonga desde fai moito tempo. É unha das webs pioneiras en poñer ao dispor a través do web documentos de acceso libre (aló por finais dos 90) polo que na actualidade ten gran cantidade de documentación sobre o mundo castrexo e Viladonga, polo que se quixera copiar textos colleríaos deses documentos e non da páxina resumo. Con Deus. Lansbricae (Ti dirás) 20:18, 22 outubro 2008 (UTC)

Habería que citar que no museo do castro e centro de interpretación están expostos os torques de Sarria --Nemigo (conversa)     13:24, 2 de xullo de 2012 (UTC)

  • Pois adiante. Se hai referencias, cítao. A wikipedia é unh enciclopedia colaborativa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:29, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Castro de Viladonga".