Conversa:Canle da Manga

Último comentário: hai 8 anos de Atobar no tópico Untitled

Untitled editar

  • Penso que canle se refire a unha obra artificial e que o da Mancha é un canal. Xosé (✉) 09:43, 11 setembro 2005 (UTC)
  • Tanto canal como canle poden ser naturais ou artificiais, o que xa non sei é cal debera ser a páxina principal, canal da Mancha ou canle da Mancha, non estou seguro pero creo que na TVG hai tendencia a empregar Canle da Mancha.--Rocastelo 09:55, 11 setembro 2005 (UTC)

Debo dicir que a palabra canal en galego a min soa estraña e nunca a ouvín para ningunha das acepcións. Como referencia, cito o OpenTrad apertium, que para a forma castelá canal dá a galega canle. Nestes casos, a miña filosofía é escoller a forma que é indubidábelmente galega, canle neste caso. Por suposto, se o autor do artigo non estivese de acordo, sempre pode revertir as mudanzas que fixen, e nese caso descúlpome por telas feito. --Manudosde 14:56, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Eu debo dicir que cando vin Canal da Mancha na portada fun directo ao artigo para mudar o título, e en canto vin que no texto puña Canle da Mancha, decidín vir aquí á conversa. Tras ler o que puxéchedes, busquei no diccionario, e alucinei. Pero aínda que a RAG admita tanto "canal" coma "canle", como galego sempr usei canle, así que decántome por esta última. --GallaecioE logo? 12:44, 1 decembro 2007 (UTC)
  • Eu teño lido dende Canle da Mancha até Canal da Manga, que opinades? Eu creo que a máis correcta sería Canle da Manga ao ser a tradución máis exacta.
  • É mellor dar as fonte exactas, no Diccionario normativo galego-castelán de Ana Isabel Boullón Agrelo, Henrique Monteagudo Romero e Xermán García Cancela dan como exemplo de canle: canle da Manga e como exemplo de canal: canal da Manga.--RNC 09:59, 11 abril 2009 (UTC)
  • Máis grave é que no artigo se mesturaban datos da canle con outros do estreito de Dover restándolle credibilidade.--RNC 10:18, 11 abril 2009 (UTC)
  • Copia resposta po e-mail á consulta feita a través da páxina web da RAG.
Como criterio xeral, os nomes de lugar non se traducen, senón que se adaptan ou, de maneira cada vez máis usual, seguindo os criterios do Grupo de Expertos en Nomes Xeográficos das Nacións Unidas, mantense o nome xeográfico na forma orixinal. Neste caso, tanto o portugués, coma o español, e tamén o galego, adaptaron o nome francés "Manche" como "Mancha", seguindo os patróns habituais de adaptación das palabras procedentes do francés. "canal da Manga" suporía unha tradución. Recoméndase, por tanto, canal da Mancha, e non canal da Manga.

Esperamos que esta resposta lle axude a resolver a súa dúbida. Atentamente,

Seminario de Lexicografía
Real Academia Galega (RAG)

Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real Academia Galega.

Pois iso, debe primar canal da Mancha. --Atobar (conversa comigo) 11 de novembro de 2015 ás 15:37 (UTC)Responder

Pero Atobar, o que indican os da RAG non se referiá só ó nome de Mancha/Manga? É que canal e canle son sinónimos segundo o seu dicionario. Non vexo que haxa que primar nin canal nin canle, iso non é o nome propio, é o nome común do accidente xeográfico... Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 08:30 (UTC)Responder
Pois, se non estou trabucado, a escolla do primeiro editor foi canle e o artigo foi movido a canal. Haberá que desfacer o feito, non Atobar? Pregunto antes de facer nada para non meter a zoca, que logo é choio de máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2015 ás 02:40 (UTC)Responder
Non estou seguro. Xa que temos esta información complementaria que achega o Seminario de Lexicografía, onde se fala de canal e non de canle (feito casual?), talvez conveña deixala tal cal o mencionan eles. --Atobar (conversa comigo) 16 de novembro de 2015 ás 04:56 (UTC)Responder
Pero Atobar, se tal como dixemos canal e canle son sinónimos, e canal non forma parte do nome propio, tanto ten como digamos canal da Mancha ou canle da Mancha, non? Se iso é correcto entón debemos respectar a escolla do primeiro editor, canle da Mancha... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2015 ás 09:22 (UTC)Responder
Pode ser. Con todo, o que é seguro é que canal de Mancha é correcto e preferible consonte a opinión do Seminario de Lexicografía. Poida que canle da Mancha tamén (pero, con ou sen motivo, non é a opción que sinalaban no correo); xa sabes, ademais, que a sinonimia perfecta rara vez se dá. Por iso digo que, xa que temos esa opinión autorizada e menciona unicamente canal de Mancha, eu optaría por deixalo así, e o resto como redireccións (sinalando ademais que existen outras opcións válidas). Pero se se prefire facelo da outra maneira, por min ben tamén. --Atobar (conversa comigo) 16 de novembro de 2015 ás 15:00 (UTC)Responder
Volver á páxina "Canle da Manga".