Conversa:Buenos Aires

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)

Untitled editar

Ola! Creo que o exónimo da cidade en lingua galega é "Buenos Aires", coma en portugués. "Bos Aires" é unha galeguización sen recoñecemento oficial na nosa lingua, polo que habería que mudar este artigo.

Ademais, no Atlas Mundial Galego aparece "Buenos Aires" -> http://www.onomastico.org/—o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.144.81.16 (conversacontribucións) 31 de outubro de 2013 ás 12:00‎

  Feito! ten razón e así tamén se reflicte na entrada bonaerense da RAG. Aínda hai que cambiar varios artigos que tiñan o nome incorrecto pero grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 12:51 (UTC)Responder
Desfixen o cambio porque atopei referencias para o topónimo Bos Aires nas Normas de dúbidas lingüísticas de U. de Vigo . Este cambio debería ser debatido antes de ser aplicado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 13:17 (UTC)Responder

Buenos Aires editar

A RAG da Buenos Aires, non hai discusión. "Bos Aires" ten referencias e pode quedar como redirección e nas notas. --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 12:53 (UTC)Responder

Vale, pero tamén haberá que poñer "Bos Aires" na cabeceira do artigo coa referencia, AMPERIO, xa que estás ti editando o artigo ponllo cando poidas para que non se esqueza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 09:06 (UTC)Responder

Aclaración sobre o topónimo achegada polo Seminario de Lexicografía da RAG editar

Copio aquí o texto e a réplica a un correo meu (do 28 de agosto de 2015) enviado a través do enderezo para consultas do DRAG en liña:

Unha dúbida que nin eu nin outros damos resolto: como é posible que sexa Buenos Aires pero A Habana? (confróntense as entradas para bonaerense e habaneiro). Acaso é incorrecto en galego Bos Aires? E La Habana? Dá a imprensión de que pode haber una incoherencia, pois referencias para os topónimos Bos Aires e A Habana hai de sobra, polo que non se entende ben a exclusión do primeiro. Moitas grazas e un saúdo.

Ao cal a resposta foi:

No caso dos topónimos correspondentes a lugares de Galicia, a Comisión de Toponimia fixa a súa forma oficial, pero non así no caso de nomes foráneos, sobre os que pode darse unha recomendación, pero non se establece unha norma. Desde a sección de Toponimia indícannos que, como norma xeral, debe respectarse a forma de cada topónimo na súa lingua orixinal, razón pola cal se prefire “Buenos Aires” e o único que se fai no caso da Habana é utilizar o artigo en galego. Así pois, cómpre respectar, dentro do posible a forma orixinal, aínda que sempre hai excepcións, e algúns topónimos como Nova York, O Xapón ou Ucraína si se adaptan. Atentamente,
Seminario de Lexicografía
Real Academia Galega (RAG)
Monte Gaiás s/n
Cidade da Cultura - Biblioteca de Galicia
15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 52 68
lexicografia@academia.gal
academia.gal
Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real Academia Galega.

Aí queda logo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 24 de setembro de 2015 ás 17:14 (UTC)Responder

Non entendín a resposta, seguindo a resposta da RAG esta non dá normas sobre os nomes foráneos, só recomendacións. Seguindo iso a RAG pode recomendar Francia pero non pode establecer que Franza sexa incorrecto, ou France. Abofé que non entendo esa explicación.--HacheDous=0 (conversa) 24 de setembro de 2015 ás 17:59 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Buenos Aires. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 14:55 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Buenos Aires. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 01:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "Buenos Aires".