Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Zirland eliminou Image:Crying.jpg: copyvio, Wikimedia has not permission;

-- CommonsTicker 22:17, 8 novembro 2006 (UTC)

Bágoa / Lágrima editar

Non ten maior importancia, pero para min a palabra de maior uso en galego é bágoa. Lágrima, ao meu ver debería redireccionar a bágoa, e non ao revés.--Atobar (conversa comigo) 16:06, 10 maio 2009 (UTC)

  • Si, semella máis lóxico. Pedro --Lameiro (conversa) 17:43, 10 maio 2009 (UTC)
  • A min éme igual. Tanto dá, as dúas formas son correctas, pero por preferencia gústame máis a palabra "bágoa"; sería como se me fixésedes elixir entre "labio" e "beizo", eu quedaría coa última forma. --Toliño Fala aquí comigo 17:05, 11 maio 2009 (UTC)
  • Lágrima é tan galego como bágoa, e bágoa tan galego como lágrima, unha procede do latín e outra é de orixe prerromana, movela só por diferencialismo viola a neutralidade, a non ser que se presenten referencias que digan que lágrima é menos galego ca bágoa ou que se emprega moito máis hai que manter a primeira opción.--RNC 14:21, 15 maio 2009 (UTC)
  • Non sabía eu da orixe prerromana de bágoa. Que interesante. Bueno, tiro do Dicionario Cumio:

Bágoa:Pinga do líquido salgado que segregan as glándulas lacrimais. Sin. bagulla, lágrima Lágrima:Cada unha das gotas segregadas pola glándula lacrimal e que verten os ollos. Sin. bágoa, bagulla. 2. Pinga que destilan as vides e outras plantas despois da poda.

Digo eu que unha opción sería mover Lágrima a Bágoa por aquilo de que en Bágoa soamente cabe unha definición posíbel e falar de Lágrima podería facerse xa coas dúas variantes. Amais, malia que por razóns evidentes non podo achegar probas serias verbo do uso dunha e outra, de acordo á miña experiencia, polo menos na zona de Lugo, Bágoa é o termo de uso común, e mesmo me atrevería a dicir que haberá xente non moi metido no tema que pense que Lágrima é un castelanismo. Por certo, puxen bágoa galego e lágrima galego no google e a primeira opción gaña por moito á segunda. Malia que este é un debate en certo modo menor, creo que ten o seu interese. A ver que pasa. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:52, 15 maio 2009 (UTC)

  • Movo lágrima a bágoa por razóns de uso: o Tilga ofrece 316 ocorrencias para bágoa (máis 2.580 para bágoas) fronte a 38 ocorrencias de lágrima (máis 161 de lágrimas). Pedro --Lameiro (conversa) 21:23, 4 de abril de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Bágoa".