Conversa:Arañas

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Insectos ou non? editar

Teño unha pequena dúbida ao respecto das arañas. Aquí aparecen categorizadas como insectos, pero creo que non o son.

Polo que puiden ver (non entendo moito de zooloxía, así que correxídeme se me trabuco), as arañas pertencencen á clase dos arácnidos (que inclúe tamén a escorpións e ácaros); os arácnidos ao grupo (ou filo) dos artrópodos; e os artrópodos é un dos filos do reino animal que inclúen aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Polo tanto, tanto arácnidos (que non arañas) e insectos pertencen aos artrópodos, pero ambas son clases, non unha especie pertencente á outra clase.

Agardo que se me entendese para resolver as miñas dúbidas e arranxatr os erros se os houbese. Beninho 02:24, 31 outubro 2006 (UTC)

Grazas polo aviso. Xa está corrixido. --Prevert(talk) 18:24, 11 novembro 2006 (UTC)

Título en plural editar

De acoprdo con texto, o título do artigo debería ir en plural (ademais de que no se refire a unha araña en particular). --XoioÉche o que hai 1 de xaneiro de 2013 ás 16:19 (UTC)Responder

  Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de xaneiro de 2013 ás 22:46 (UTC)Responder

  Concordo (totalmente).--Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 21:53 (UTC)Responder

  Feito! Banjo tell me 24 de novembro de 2016 ás 22:07 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Arañas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 23:41 (UTC)Responder

Volver á páxina "Arañas".