Conversa:A Barciela

Último comentário: hai 4 meses de Xosé Antonio no tópico Diferenciar a parroquia eclesiástica das parroquias civís

Untitled editar

Os textos entre parenteses son utiles se vixitades Sigüeiro.


  •   Discordo Non todos, no caso de
A Polveira (un auténtico perigo para transeúntes)

é unha opinión persoal, se o referencias indicando o número de atropelados ao ano pois xa o convirtes nun contido enciclopédico pero tal como está non o é; e no caso de

Sigüeiro (O lugar que lle deu nome a nova vila de urbanización ilegal, o PXOU foi anulado no seu día pola Xunta)

pasa o mesmo, inclúe a sentenza pola que se declarou ilegal toda a urbanización de Sigüeiro, senón non deixa de ser unha opinión, porque o Pxou pode ser anulado, pero eso non significa que a urbanización de Sigüeiro sexa ilegal, para iso ten que haber unha sentenza xudicial. Por eso, propuxen que se revisasen ditos contidos por un administrador. Alma 13:35, 13 setembro 2007 (UTC)

  • Tes parte de razón, pero as afirmacións son certas. Mirarei as hemerotecas cando teña un pouco de tempo, ufff. Menudos atascos en Sigüeiro, asi calquera chega a casa e se pon a colaborar co glwiki, hehe, :-)

Non hai correspondencia entre a Galipedia e Commons editar

Non me aclaro onde empeza o concello de Oroso e onde remata o de Santiago de Compostela. Pensaba que tras cruzar a ponte do río estaba en Oroso, ó ver que na Galipedia se considera Sigüeiro como un lugar do concello de Santiago de Compostela tenme confuso. Se alguén ten claro estes datos, por favor, confírmemos; pois en Commons podería haber páxinas e fotos mal clasificadas. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:45, 20 marzo 2008 (UTC)

Diferenciar a parroquia eclesiástica das parroquias civís editar

Esta páxina é dunha parroquia eclesiástica galega. As parroquias civís A Barciela, Santiago de Compostela e A Barciela, Oroso deben ter, na miña opinión, cadansúas páxinas e non ser redireccións á parroquia eclesiástica. O criterio para facer as páxinas de parroquias é respectar o Nomenclátor da Xunta, cousa que neste caso non se cumpre. Un caso semellante, en certa maneira, é o da parroquia civil de Breamo, Pontedeume, que hai tempo que deixou de ser parroquia eclesiástica e mesmo o concello de Pontedeume non a considera parroquia, mais seguímolo criterio que marca o Nomenclátor que si a considera. Ademais, a xulgar por algúns comentarios da conversa, tomar esta páxina como redirección de parroquias civís pode levar a confusións. Agardarei un tempo para facer o cambio por se alguén aporta razóns contrarias ou considera que se debe abrir un fío de debate. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de xullo de 2014 ás 22:55 (UTC)Responder

@Xosé Antonio Aver se che vale a miña humilde argumentación:
O papel ten conta do que lle poñen. O criterio ten que ser a realidade social e material existente. Que o nomenclator estea organizado por Concellos non debería afectar a organización parroquial. Ademais creo que é un auténtico lío que obriga a duplicar contidos. É como se quixeramos crear entradas (artigos) diferentes dunha mesma localidade porque existen diferentes códigos postais na mesma. 87.223.217.53 25 de novembro de 2023 ás 04:14 (UTC)Responder
O nomenclátor está organizado en forma de árbore, que é o máis lóxico do mundo. Primeiro veñen os concellos, logo as parroquias e finalmente os lugares. O feito de que haxa parroquias eclesiásticas que abarcan varias parroquias civís pertencentes a varios concellos (mesmo a dúas provincias) non invalida o nomenclátor. De feito cada parroquia eclesiástica que non coincide coa correspondente civil, ten tamén a súa páxina.
O feito de eliminar as parroquias civís que forman parte dunha parroquia eclesiástica máis ampla rompe a árbore lóxica e pode levar a confusións. Por exemplo, cando enumeramos as parroquias ou lugares dun concello, poñemos a parroquia eclesiástica la lista de parroquias dese concello sabendo que parte desa parroquia non pertence ao concello? non me parece lóxico nin é realista. Un saúdo Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de decembro de 2023 ás 18:32 (UTC)Responder

Lindes da parroquia eclesiástica de Barciela editar

Escribo aquí a responda á pregunta recibida no noso correo electrónico, porque o enderezo remitente semella que non era correcto. Tradicionalmente os lugares que forman parte da parroquia son:

  • no Concello de Santiago: Vintecatro, Caluba, Fonte do Torno, O Balado, Polveira, Benavente, Barciela e Sigüeiro (técnicamente a parte que está a carón da ponte);
  • no Concello de Oroso: A Foca (que é a parte que está arredor da fonte en Sigüeiro), O Portiño e Monte (a parte que se prolonga pola actual Avenida de Grabanxa ata O Refuxio, este incluído).

En consecuencia, o que é hoxe o núcleo urbano de Sigüeiro si pertence á circunscrición parroquial de san Andrés de Barciela. O linde que divide as parroquias de Barciela e Oroso é o Carboeiro, afluente do río Tambre. Supoño que o nomeclátor da arquidiocese ou a súa páxina web, por comodidade, refiren onde está situada a casa parroquial e mailo templo, que efectivamente se ubican no concello de Santiago. Agora ben, desde o punto de vista eclesiástico a parroquia ocupa os lugares mencionados en ámbolos dous concellos. --Parroquiadebarciela (conversa) 3 de setembro de 2015 ás 04:31 (UTC)Responder

Unha observación: Os artigos de parroquias da Wikipedia en galego son relativos as parroquias civís (IGECDIXNomenclátor), non ás eclesiásticas. --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2015 ás 08:01 (UTC)Responder

Entendo. Non me entrometo na administración da Galipedia nin nas súas normas de publicación. Simplemente respondo a unha mensaxe de contacto enviada polo editor deste sitio e recibida na nosa web que preguntaba pola extensión territorial da parroquia. Como o enderezo electrónico non era non correcto, non puiden responderlle directamente. Por iso inserín esta conversa, ó non atopar outro xeito de comunicalo. --Parroquiadebarciela (conversa) 3 de setembro de 2015 ás 15:17 (UTC)Responder

A mensaxe que vostede recibiu envieina eu (pido desculpas por poñer mal o enderezo de correo electrónico). Estiven reformando as páxinas relativas á súa parroquia eclesiástica, á parroquia civil da Barciela do concello de Santiago de Compostela e á vila de Sigüeiro. Pola resposta que dá vostede entendo que a información que aparece na páxina da parroquia eclesiástica é a correcta. Un saúdo e grazas por respostar. --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de setembro de 2015 ás 17:33 (UTC)Responder

Grazas a vostede por interesarse por este tema e pola nosa parroquia. Un saúdo cordial--Parroquiadebarciela (conversa) 3 de setembro de 2015 ás 18:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "A Barciela".