Control de Tráfico Centralizado

O Control de Tráfico Centralizado, coñecido polas súas siglas como CTC, é -segundo a propia definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español- o sistema que permite realizar desde un posto central, o accionamento remoto das instalacións dun conxunto de estacións e traxectos, ordeando os movementos e coordinando a circulación dos trens e manobras.[1]

Posto de mando do CTC en Madrid-Chamartín.

As redes ferroviarias poden estar ao amparo dun CTC ou deixar o control do tráfico aos gabinetes de circulación localizados nas estacións ao longo da liña.

Historia

editar

En España

editar

O primeiro tramo controlado por un CTC foi o tramo en vía única entre as estacións de Brañuelas e Ponferrada, no ano 1954[2]. O mando do CTC situábase na estación de Ponferrada.[3]

Os CTC máis modernos executan automaticamente a apertura de itinerarios aos trens, de xeito que os técnicos se dedican exclusivamente á regulación do tráfico. Excepción feita das grandes terminais, onde a apertura dos sinais esixe a continua intervención do Xefe do CTC.

En Galiza

editar

Todas as liñas ferroviarias galegas son telemandadas desde o CTC da estación de Ourense[4], agás a liña de alta velocidade Ourense-Santiago, controlada desde o Centro de Regulación e Control de alta velocidade de Madrid-Atocha[5] e a liña de largo métrico Ferrol-Xixón, gobernada desde El Berrón[6].

  1. "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 01-01-2018. 
  2. "CTC Control de Tráfico Centralizado". www.adif.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-01. 
  3. E. F. G. "Hace 60 años se estrenó el control CTC para la vía de Ponferrada a Brañuelas". Diario de León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-01. 
  4. "Ourense, Puesto de Mando de los trenes gallegos". La Región (en castelán). Consultado o 2018-01-01. 
  5. "Centros de Regulación y Control de alta velocidad". www.adif.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-01. 
  6. "En servicio el centro de Control de Tráfico Centralizado de Feve en El Berrón". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-01-01.