Constantino Horta

escritor galego
(Redirección desde «Constantino Horta y Pardo»)

Constantino Horta Pardo, nado en Pontedeume o 21 de maio de 1860 e finado na Habana o 20 de xuño de 1923, foi un escritor galeguista.

Constantino Horta
Nome completoConstantino de Horta y Pardo
Nacemento21 de maio de 1860
Lugar de nacementoPontedeume
Falecemento20 de xuño de 1923
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou na adolescencia á Habana, conseguindo estudar, ó tempo que traballaba, na Escola de Comercio desa cidade e obtendo unha praza de profesor nela despois de graduarse, tamén dirixiu no Centro Gallego de La Habana o ensino de comercio e de adultos (1884-1896) e o "Boletín del Profesorado Cubano" desde 1893. Logo de rematar os estudos de dereito estableceuse como avogado pero firme no seu amor ó país mantivo unha asesoría xurídica gratuíta no Centro Gallego. Foi un dos fundadores do semanario La Tierra Gallega.

En 1894 fundou a Biblioteca Comercial Hispano-Americana de Ciencias Comerciales, na cal publicou libros de texto da súa autoría con destino ás escolas de comercio de varios países latinoamericanos que as adoptaron como texto oficial e un par dos seus tratados traducíronse ó inglés.

Regreso a España editar

En 1898, despois da derrota española polos Estados Unidos, repatriouse a España, establecéndose en Barcelona, aínda que seguiu a visitar e mesmo residir en América para promocionar os seus libros. En 1904 volveu establecerse na Habana, traballando de profesor no Colexio Mercantil do Centro Gallego. Propagandista do ideal galeguista, publicou artigos no periódico Nova Galicia de Buenos Aires e, sobre todo, no Galicia da Habana, tomando a súa dirección o propio Horta de 1906 a 1908. Nesta etapa o xornal apoiou claramente a idea do establecemento dunha Solidaridad Gallega, a exemplo da constituída en Cataluña.

Constantino Horta foi o socio 57 da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, constituída en 1905. Asemade participou na constitución do Comité Redencionista da Habana en 1909, pouco despois transformado en Unión Redencionista Gallega, que pretendía eliminar os foros que tanto prexudicaban ó campesiñado galego. Horta foi brevemente o seu presidente, en xaneiro de 1911. Pero a partir desas datas as preocupacións de Constantino Horta centráronse en demostrar a galeguidade de Cristovo Colón, decaendo na súa actividade pública galeguista. Horta nunca chegou a asumir o xiro nacionalista que as Irmandades da Fala deron ó galeguismo.

Obras editar

  • Tratado Completo de Aritmética Comercial Universal
  • Tratado Universal de Teneduría de Libros
  • Tratado Universal de Documentos Comerciales, Industriales y Administrativos
  • Tratado de Correpondencia Comercial Universal Cuatrilingüe
  • Doctrina Galicianista (1905)
  • La verdadera cuna de Cristóbal Colón (1911 en Nova York)
  • Tratado de Metrología Universal… Cubicación y aforo de toda clase de vasijas, Agrimensura práctica y medición de toda clase de terrenos, cubicación de maderas, superficies y pavimentos, volúmenes y capacidades, cosntrucciones y edificaciones.
  • La Moneda y los sistemas monetarios de todas las naciones.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar