Constancia subxectiva

A constancia subxectiva ou constancia perceptual establece que a percepción dun obxecto ou as cualidades do mesmo se mantén constante aínda que a nosa sensación do mesmo poida variar. Mentres as características físicas do obxecto se manteñan estábeis, o noso sistema perceptual emprega mecanismos que se axustan coa finalidade de interpretar o mundo exterior.[1]

Visual editar

Existen diferentes tipos de constancias na percepción visual:

 
Ilusión de Ponzo: A liña superior percíbese maior que a liña inferior, non obstante ambas son do mesmo tamaño.

Constancia de tamaño: é un tipo de constancia visual subxectiva.[2] Dentro de certo rango, a percepción que posuímos acerca dun obxecto non se modifica, sen importar os cambios que poidan suceder na distancia. A constancia do tamaño é a percepción dun obxecto como un tamaño fixo, a pesar do cambio no tamaño do ángulo visual que acompaña os cambios de distancia. É dicir, tendemos a ver un obxecto do mesmo tamaño independentemente do tamaño da súa imaxe na retina. Isto permítenos ver e logo conceptualizar obxectos como non cambiantes. A constancia de tamaño está relacionada coa distancia, a experiencia e a contorna. Algúns exemplos de constancia de tamaño obsérvanse na ilusión de Müller-Lyer e a ilusión de Ponzo.

 
Constancia de forma: Este obxecto percibese como unha porta rectangular a pesar de que dita porta cambia de posición e de figura ao abrirse. Noutras palabras, a porta adopta variedade de figuras distintas, no entanto, continuamos percibíndoa como rectangular.
 
O cadrado A é exactamente da mesma cor que o B.

Constancia de forma: É similar á de tamaño, xa que, en boa medida, depende da sensación da distancia.[3] Este tipo de constancia establece que non importa a orientación dun obxecto para que u sexa percibido como un só. Percíbese que o obxecto cambia, pero despois o volve a se percibir como o mesmo. Segundo Kanwisher et al., a área do cerebro especializada na constancia de forma é o córtex visual extra estriado (tamén nomeadas como V2, V3, V4, e V5.

Constancia da cor: Trátase dunha característica do sistema da percepción da cor do ser humano, que permite que a cor dun obxecto se perciba de forma constante baixo condicións variables. Así mesmo, a constancia da cor prodúcese grazas a un ‘cálculo’ producido por un mecanismo que funciona de maneira inconsciente dentro do sistema nervioso central.

Os feitos que apoian aos fenómenos de cor-constancia implican que tendemos a requirir as discriminacións de cor finas con menor frecuencia que as discriminacións de cor brutas. Así mesmo, cando as discriminacións de cor brutas nos permiten enfocarnos en obxectos de interese primordial, tendemos a 'pasar por alto as diferenzas de forma sistemática' máis aló do grao de finura necesario. O mecanismo que se encarga de 'pasar por alto as diferenzas sistematicamente trátase do sistema de procesamiento de información do organismo, e o principio conforme o cal leva a cabo tal mecanismo establece que o sistema non expandirá a súa capacidade máis aló da medida necesaria ao momento de levar a cabo unha tarefa perceptual dada de acordo ás necesidades e intereses actuais do axente.[4]Sayre, K.M. (1968). Toward a Quantitative Model of Pattern Formation. Simon and Schuster. p. pp. 149-152. 

A constancia de luminosidade refírese á constancia da luminosidade dun obxecto, independentemente das cantidades variables de luz proxectadas sobre el.

A constancia de distancia: refírese á relación entre a distancia aparente e a distancia física. Un exemplo de ilusión que representa á constancia de distancia podería ser a do tamaño da lúa, aínda que a explicación desta ilusión aínda está en debate.[5][6]

A constancia de localización refírese á relación entre o espectador e o obxecto. Percíbese que un obxecto estacionario permanece estacionario a pesar de que a retina detecta que o obxecto cambia a medida que o espectador se move (debido ao paralaxe). A constancia da localización está moi influenciada polo contexto no que se atopa o obxecto. Un exemplo disto sería mirar un automóbil estacionado mentres camiñas cara a un edificio; O coche percíbese coma se quedase parado mentres avanzas.[7]

Auditiva editar

Na música, a constancia subxectiva comprende a identificación dun instrumento musical de maneira constante,  recoñecéndoo como un son musical propio ante cambios no timbre do mesmo instrumento, ou baixo “condicións de cambio no ton e o volume, en distintas contornas e con diferentes músicos”.[8]

Na percepción da fala , a constancia subxectiva significa que as vocais ou as consoantes son percibidas de forma constante como entidades propias e separadas. As vocais e as consoantes serán percibidas con precisión e de forma constante aínda cando soen de maneira distinta debido a condicións variables como o serían a contorna fonética (coarticulación), a cadencia de voz, a idade da persoa que fala e o seu sexo, o dialecto da persoa que fala ou a súa idade, entre outros factores.

Explicación editar

Segundo o mesmo Simon (1969), a localización do estímulo, aínda que é irrelevante para a tarefa, inflúe directamente na selección da resposta debido a unha tendencia automática a "reaccionar fronte á fonte da estimulación". Aínda que se suxeriron outras (cf. Hommel, 1993), as explicacións do efecto Simon xeralmente refírense á interferencia que se produce na etapa de selección de resposta da toma de decisións. Neuroloxicamente, podería haber afectación do córtex prefrontal dorsolateral, así como do córtex cingulado anterior, que se cre é responsábel da vixilancia de conflitos. O efecto Simon mostra que a información de localización non pode ser ignorada e afectará a toma de decisións, mesmo se o participante sabe que a información é irrelevante.[9][10]

Investigación editar

Comparación das habilidades perceptuais de pacientes esquizofrénicos - Descubriuse que a constancia da distancia, intimamente relacionada coa constancia do tamaño, víase deteriorada nos pacientes con esquizofrenia. Comparouse a capacidade de constancia de distancia entre pacientes esquizofrénicos e un grupo de control (a cuxos integrantes se lles denominou como os “normais”). “Ante unha capacidade de constancia de distancia diminuída, observouse que a percepción visual dos pacientes esquizofrénicos carecía de profundidade e estableceuse que estes mesmos perciben ao mundo de maneira máis ‘plana’.[11]

Constancia visual, auditiva e de distancia Investigadores exploraron a relación que existe entre respostas visuais e auditivas, e como estas inflúen na constancia de distancia. Un estudo demostrou que, a certa distancia, o ollo vese estimulado en canto se percibe un son, aínda antes que o mesmo ouvido experimente un estímulo.[12]

Notas editar

  1. Erickson, Robert (1975), Sound Structure in Music, University of California Press, pp. 11-12, ISBN 0-520-02376-5
  2. Psychology the Science of Behavior [4th Canadian ed.] Toronto, On. Canada: Pearson Canada Inc. 2010. p. 188. ISBN 978-0-205-64524-4. 
  3. "Zhijuehengchangxing_BaiduBaike". Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  4. Riepe, Dale; Crosson, Frederick J.; Sayre, Kenneth M. (1968-10). "Philosophy and Cybernetics" 9 (4): 625. ISSN 0040-165X. doi:10.2307/3101920. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  5. "Lightness constancy in primary visual cortex" 98 (15). 14 de marzo de 2001: 8827–8831. PMC 37520. doi:10.1073/pnas.161280398. 
  6. "Distance constancy" 34 (3). 1 de setembro de 1971: 199–219. doi:10.1007/BF00424606. 
  7. "Location constancy and its effect on visual selection" 14 (2). June 2001: 175–199. 
  8. Erickson, Robert (1975). Sound Structure in Music. University of California Press. pp. 11–12. ISBN 0-520-02376-5. 
  9. "Distance Constancy in Schizophrenic Patients" 104. 1958: 1174–1182. doi:10.1192/bjp.104.437.1174. 
  10. "Visual-Auditory Distance Constancy" 234. 3 de decembro de 1971: 308. doi:10.1038/234308a0. 
  11. "Distance Constancy in Schizophrenic Patients" 104. 1958: 1174–1182. doi:10.1192/bjp.104.437.1174. 
  12. "Visual-Auditory Distance Constancy" 234. 3 de decembro de 1971: 308. doi:10.1038/234308a0.