Conseller Primer

membro do Goberno de Cataluña

O Conseller primer del govern (en galego: Conselleiro primeiro do goberno) é un membro do Govern de Catalunya con competencias propias, nomeado e separado do cargo polo President da Generalitat de Catalunya.

É considerado o análogo catalán do cargo que desenvolve o primeiro ministro noutros países europeos e o seu status descríbese no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 como unha figura que pode, opcionalmente, existir no goberno; e regúlase por lei do Parlament de Catalunya.[1] O cargo de Conseller Primer ten o tratamento de Honorable Senyor ou Honorable Senyora.[2]

O conseller primer do Govern ten despacho de seu no Palau de la Generalitat de Catalunya, na parte edificada no século XVI por Pere Blai, coñecida como Cos renaixentista.

Historia editar

Coa restitución da Generalitat republicana foise definindo esta figura de xefe de goberno aínda que con diferentes terminoloxías:

En 2001 o sexto goberno de Jordi Pujol restituíu esta figura co nome de Conseller en Cap e ocupouno Artur Mas, quen, nas seguintes eleccións, sería o seu successor encabezando a lista de CiU. A restitución do cargo foi interpretada per moitos sectores da oposición e a sociedade como unha manobra propagandística do partit gobernante (CiU) para destacar a figura de Artur Mas e presentalo como sucesor político de Pujol, xa que nas seguintes eleccións presentaríase como cabeza de lista de CiU.

Na seguinte lexislatura, o goberno de Pasqual Maragall mantivo esta figura, que ocuparon Josep-Lluís Carod-Rovira e Josep Bargalló i Valls; aínda que o nome foi substituído o 17 de marzo de 2005 polo de Conseller Primer, tras considerar que o nome Conseller en Cap designaba historicamente un cargo do Concello de Barcelona e non da Generalitat de Catalunya.

Despois das eleccións de 2006, o goberno de José Montilla non designou Conseller Primer e as súas competencias foron asumidas polo mesmo president e o conseller da Vicepresidencia, Josep Lluís Carod-Rovira.

Lista de consellers primers editar

N.º Nome Inicio Fin Partido
1. Joan Lluhí 1932 1933 ERC
2. Carles Pi i Sunyer 1933 1933 ERC
3. Miquel Santaló i Parvorell 4 de outubro de 1933 1 de xaneiro de 1934 ERC
4. Joan Casanovas 31 de xullo de 1936 1936 ERC
5. Josep Tarradellas i Joan 26 de setembro de 1936 5 de maio de 1937 ERC
–. Josep Tarradellas i Joan 1954 1954 ERC
6. Artur Mas i Gavarró 17 de xaneiro de 2001 20 de decembro de 2003 CDC
7. Josep Lluís Carod-Rovira 20 de decembro de 2003 27 de xaneiro de 2004 ERC
8. Josep Bargalló i Valls 20 de febreiro de 2004 11 de maio de 2006 ERC

Notas editar