Congreso do Pobo

partido político de Suráfrica

O Congreso do Pobo (en inglés: Congress of the People) abreviado como COPE, é un partido político surafricano de ideoloxía socialdemócrata fundado en 2008 por Mosiuoa Lekota, Mbhazima Shilowa e Mluleki George, como unha escisión do Congreso Nacional Africano (ANC).[1]

Congress of the People
Dirixentes e organización
LíderPakes Dikgetsi
MocidadesMovemento Xuvenil COPE (COPEYM)
Movemento de estudantes COPE (COPESM)
Historia
Fundación16 de decembro de 2008
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático,
Socialdemocracia,
Socioliberalismo,
Progresismo
Posición políticaCentroesquerda
Representación
Asemblea Nacional
2 / 400
Outros datos
Sede34-36 Fricker Road, Illovo, Gauteng
Na rede
http://www.congressofthepeople.org.za/
 

O partido foi anunciado despois dunha convención nacional celebrada en Sandton o 1 de novembro de 2008, e fundouse nun congreso celebrado en Bloemfontein o 16 de decembro de 2008. O seu nome fai referencia ao Congreso do Pobo de 1955, mencionado na Carta da Liberdade adoptada polo ANC. Por tal motivo, o nome foi disputado legalmente polo partido oficialista, co Tribunal Superior de Pretoria fallando a favor de COPE.[2]

Nas eleccións xerais de Suráfrica de 2009 e téndose fundado tan só medio ano atrás, COPE logrou situarse como terceira forza nacional con case un millón e medio de votos (7.42%) e 30 dos 400 escanos da Asemblea Nacional. Ao facelo contribuíu a privar o ANC da súa maioría absoluta dos dous terzos, e arrebatou o terceiro posto ao Partido da Liberdade Inkatha (IFP), que quedou en cuarto lugar. Dado que Alianza Democrática (DA), principal partido da oposición, non presentou unha candidatura presidencial no Parlamento, COPE si o fixo, con Mvume Dandala como candidato, desafiando por segunda vez o candidato oficialista, neste caso Jacob Zuma.

Pouco tempo despois das eleccións, no partido estalou unha disputa de liderado entre as distintas faccións que apoiaban a Mosiuoa Lekota e outros apoiando a Mbhazima Shilowa, o que levou a unha batalla xudicial que duraría até a vitoria de Lekota en 2014.[3][4][5] Mais as disputas repercutiron na popularidade do partido, perdendo a metade do seu electorado nas eleccións municipais de 2011. Desde ese ano até 2014, a metade dos deputados de COPE ou ben retornaron ao ANC ou ben se uniron a DA ou a outros partidos. Finalmente, nas eleccións xerais de 2014, o partido obtivo só 3 escanos e un 0.67% do voto popular, situándose en oitavo lugar e perdendo practicamente toda a súa relevancia política.[6]

En 2016, xunto a outros partidos, COPE uniuse a Alianza Democrática para formar gobernos de coalición nas eleccións municipais dese ano, particularmente Nelson Mandela Bay, Xohanesburgo e Tshwane.

Resultados electorais editar

Ano Votos  % Asemblea +/– NCOP +/– Posición
2009 1.311.027
 7,42 %
30 / 400
8 / 90
Oposición
2014 123.235
 0,67 %
3 / 400
 27
0 / 90
 8 Oposición
2019 47.461
 0,27 %
2 / 400
 1
0 / 90
  Oposición

Notas editar

  1. "New party to challenge ANC rule". 16 de decembro de 2008. 
  2. "Cope wins name battle". UK. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 21 de decembro de 2008. 
  3. "sowetanlive.co.za 2011/05/13". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. iol.co.za
  5. "bdlive.co.za 2014/01/07". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  6. "Only COPE has lost more seats than ANC". BDlive. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2014. Consultado o 11 de maio de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar