Alianza Democrática (Suráfrica)

partido político de Suráfrica

A Alianza Democrática (DA en inglés, de Democratic Alliance, en afrikaans Demokratiese Alliansie) é un partido político surafricano e o principal partido da oposición, enfrontado ao partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC). De ideoloxía liberal fundado en 2000 a partir do Partido Demócrata, por entón o principal partido de oposición. Defínese simplemente como "liberal" e aínda que habitualmente se relaciona coa centrodereita,[1] tamén ten inclinacións cara ao centro e á centroesquerda.[2]

Alianza Democrática
Dirixentes e organización
LíderAthol Trollip
Filiación internacionalInternacional Liberal
Rede Liberal de África
Historia
Fundación24 de xuño de 2000
Precedido porPartido Demócrata
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo,
Liberalismo económico
Posición políticaCentro, con tendencias de centrodereita e centroesquerda
Representación
Consello Nacional das Provincias
20 / 90
Asemblea Nacional
84 / 400
Lexislaturas Provinciais
91 / 430
Parlamento Panafricano
1 / 5
Outros datos
Sede2.° piso, Theba Hosken House, c/o Breda e Mill Street, Cidade do Cabo, Cabo Occidental
Na rede
https://da.org.za
Facebook: DemocraticAlliance Twitter: Our_DA Instagram: our_da Editar o valor em Wikidata

O partido foi creado no ano 2000 trala unión do Partido Democrático (DP), do Nuwe Nasionale Party (NNP) e da pequena Alianza Federal (FA). A unión aguantou até finais do ano 2001, cando o NNP e a FA deixaron o partido, gardando o DP o novo nome. O primeiro líder do partido foi Tony Leon, que foi substituído en maio de 2007 por Helen Zille, a alcaldesa de Cidade do Cabo e dende o 2009 a Xefe de Goberno da provincia do Cabo Occidental. No ano 2015 decidiu non volver a presentarse á reelección de líder do partido e foi substituída por Mmusi Maimane, a primeira vez que o partido foi dirixido por un líder negro.

É o principal partido da oposición no país, obtendo nas eleccións de 2014 un 22,23% dos votos (59,4% na Provincia do Cabo Occidental), tendo crecido un 5,57% fronte ás eleccións anteriores (16,7%). Alianza Democrática obtivo a maioría absoluta na Provincia Occidental do Cabo, sendo a única provincia gobernada pola oposición (desde 2009), así como é o partido máis votado e o partido gobernante na Cidade do Cabo desde 2006 (con resultados de máis do 60% dos votos tanto nas eleccións locais de 2016 como nas nacionais e provinciais de 2014).

Nas eleccións municipais de 2016, a DA obyivo o 27% dos votos (16% en 2006), gañando o goberno de 39 municipalidades, 17 con maioría absoluta (entre elas Cidade do Cabo onde obtivo o 61% dos votos e 154 dos 231 postos do Consello). Na Provincia do Cabo Occidental a DA obtivo máis do 60% do voto e gañou en 23 das 26 municipalidades (gobernando en 25 das 26), as outras 6 municipalidades gañounas nas provincias do Cabo Oriental (a grande metrópole de Port Elizabeth e o municipio de Kouga-Jeffreys Bay), en Gauteng (as metrópoles de Pretoria-Tshwane, Xohanesburgo e Erkurhuleni e os municipios de Midvaal-Meyerton e Mogale-Krugersdorp), no Estado Libre (Metsimaholo-Sasolburg), en Limpopo (Modimolle/Mookgopong e Thabazimbi) e en Cabo Norte (Hantam-Calvinia, Nama Khoi, Kgatelopele-Daniëlskuil e Ubuntu-Victoria West).[3]

O partido incrementou os seus resultados electorais até as eleccións xerais de 2019 cando perdeu votos por primeira vez ficando nunha porcentaxe de votos do 20,7%. Na provincia do Cabo Occidental conseguiu o DA a maioría absoluta no 2009, sendo esta a única provincia de Suráfrica na que o ANC non goberna.

O seu actual líder é John Steenhuisen, quen exerce en calidade de interino desde outubro de 2019 tras a renuncia de Mmusi Maimane. Maimane fora o primeiro líder do partido de raza negra. Esta renovación interna permitiulle á Alianza Democrática obter triunfos electorais na elección municipal do 2016, no cal o partido obtivo os municipios de Xohanesburgo, Tshwane, que inclúe a capital, Pretoria, e Municipio Metropolitano de Nelson Mandela Bay, que inclúe Porto Elizabeth, ademais de reter o municipio de Cidade do Cabo onde ampliou a súa maioría absoluta.[4]

Notas editar

  1. A critique of the Democratic Alliance, Frans Cronje, South African Institute of Race Relations, november 2008 " the DA whose centre-right position in South African politics could now face a credible challenge for the first time"
  2. Focus on Gordhan and Manuel, John Matisonn, 29 de abril 2009, "Many DA policies are to the left of Cope [itself a centre-left party]"
  3. "The supporter profiles of SA`s three largest parties - Ipsos - NEWS & ANALYSIS - Politicsweb". www.politicsweb.co.za. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2021. 
  4. "Redirecting...". www.rdm.co.za. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 09 de abril de 2021.