Congreso de Aquisgrán (1748)

O Congreso de Aquisgrán celebrouse na cidade libre de Aquisgrán un congreso diplomático co propósito de chegar a unha solución que puxera fin á Guerra de Sucesión Austríaca. As sesións comezaron o 24 de abril de 1748 participando delegacións de Gran Bretaña, Francia, Provincias Unidas, Austria, Sardeña, España, Módena e Xénova. Entre o 30 de abril e o 21 de maio asináronse acordos preliminares e o 18 de outubro asinouse o Tratado definitivo na casa do concello da cidade, negándose Sardeña a asinalo.

Alegoría da paz traída polas resolucións do Congreso de Aquisgrán