Confederación Hidrográfica do Segura

A Confederación Hidrográfica do Segura (CHS) é o organismo de xestión, regulador e mantedor das augas, regos e accións das conca do río Segura e dos seus afluentes. Foi creada o 4 de decembro de 1927.[1]

Escudo da CHS.
O río Segura ao seu paso pola cidade de Murcia.

Xeneralidades editar

É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España. As funcións do devandito organismo están reguladas no artigo 25 do Real Decreto 927/1988, que aproba o Regulamento da Administración Pública da Auga e da Planificación Hidrolóxica.

Estas funcións son as seguintes:

  • A elaboración do plan hidrolóxico de conca, así como o seu seguimento e revisión.
  • A administración e control do dominio público hidráulico.
  • A administración e control dos aproveitamentos de interese xeral ou que afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.
  • O proxecto, a construción e explotación das obras realizadas con cargo aos fondos propios do Organismo, e as que lles sexan encomendadas polo Estado.
  • As que deriven dos convenios con Comunidades Autónomas, Corporacións Locais e outras Entidades públicas ou privadas, ou dos subscritos cos particulares.

Notas editar

  1. Confederación Hidrográfica del Segura (chsegura.es). "80 aniversario de la CHS". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2010.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar