Abrir o menú principal

José María Queipo de Llano

político español
(Redirixido desde "Conde de Toreno")

José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, nado en Oviedo o 26 de novembro de 1786 e finado en París o 16 de setembro de 1843, Conde de Toreno e Vizconde de Matarosa, foi un político e escritor español.

José María Queipo de Llano
José María Queipo de Llano, conde de Toreno (Museo del Prado).jpg
Presidentes do Consello de Ministros
Período7 de xuño de 1835 - 14 de setembro de 1835
AntecesorFrancisco Martínez de la Rosa
SucesorMiguel Ricardo de Álava
Datos persoais
Nacemento26 de novembro de 1786
 Oviedo
Falecemento16 de setembro de 1843
 París
OrganizaciónPartido Moderado
Alma máterUniversidade de Salamanca
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou Humanidades e Ciencias en Cuenca, Salamanca e Madrid. Regresa a Asturias onde forma parte da xunta revolucionaria durante a Guerra da Independencia Española, para ser logo membro das Cortes de Cádiz.

Tivo que fuxir a Lisboa ao ser acusado de afrancesado, máis tarde pasa a vivir a París, Londres e Berlín, para volver a España como deputado, para volver a fuxir esperando unha amnistía por parte de Fernando VII. En Francia publicou a súa primeira obra sobre a Guerra da Independencia. Coa amnistía xeral e coa morte do rei, é nomeado Ministro de Facenda no goberno de Francisco Martínez de la Rosa.

Tras o goberno de Martínez de la Rosa, ocupou a presidencia do Goberno o 7 de xuño de 1835, tendo que convivir con levantamentos en toda España. Tras o seu fracaso marchou a París onde morreu en 1843.

Véxase taménEditar