Condado de Coímbra

O Condado de Coímbra (portugués: Condado de Coimbra) foi unha entidade política formada polas terras de Coímbra, Viseu, Lamego e Santa María da Feira, no Portugal actual. Xurdiu dentro do Reino de Galiza a raíz da reconquista da comarca, cando as terras foron cedidas a Hermenexildo Gotérrez, quen durante as catro décadas seguintes foi o gran responsable do re-asentamento da provincia despoboada. El e os seus sucesores inmediatos eran condes, e mantiveron Coímbra, pero non foron explicitamente condes de Coimbra, aínda que ás veces se refire a eles como tales retrospectivamente. O primeiro fidalgo que se chamaba expresamente conde de Coímbra foi Gonzalo Moniz, que probablemente era descendente da familia de Hermenexildo. Chegado a conde ao redor do 959, foi un dos nobres máis poderosos da zona occidental do reino ata que se rebelou contra o rei Vermudo II e probablemente foi asasinado durante o sometemento da rexión. O grao de afastamento dos seus sucesores do seu monarca pódese comprobar cando, tras a reconquista da comarca en 987 polos mouros de Almanzor, os fillos de Gonzalo uníronse a Almanzor no saqueo de Santiago de Compostela en 997.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Coímbra

Localización
Mapa
 40°12′N 8°25′O / 40.2, -8.41
CapitalCoímbra Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación959 Editar o valor en Wikidata
Disolución1093 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

A cidade de Coímbra foi afianzada definitivamente polos cristiáns en 1064, sendo tomada polas tropas do rei Fernando I, dirixidas polo mozárabe Sisnando Davídiz que entón sería nomeado o seu conde. Deixou de ser unha entidade política independente cando se incorporou ao territorio do Segundo Condado de Portugal no momento da restauración deste último en 1096 baixo Henrique de Borgoña e, posteriormente, formou parte do acabado de fundar Reino de Portugal baixo o fillo de Henrique, Afonso I.

Lista de condes

editar
 
Vista da cidade de Coímbra, Portugal, feita por Frans Hogenberg ca. 1598.

Xefes cristiáns de Coímbra[1]

editar

Primeiros tenentes de Coímbra

editar

Condes de Coímbra, primeira creación

editar

Condes de Coímbra, segunda creación

editar
  1. Rei, António (2014). "Os Condes de Coímbra no século VIII Ascendências e Descendências". Armas e Troféus. IX Série (Tomo XVI): 295–312. 
  2. Mattoso, José (1993). História de Portugal. Editorial Estampa. ISBN 972-33-0920-3. 

Véxase Tamén

editar