Concavidade
En xeometría, a concavidade[1] dunha curva ou dunha superficie é a parte que se asemella á zona interior dunha circunferencia ou dunha esfera, é dicir, que ten a súa parte afundida dirixida ao observador.[2][3] É o concepto complementario ao de convexidade.
Non é correcto dicir cóncavo cara arriba ou cóncavo cara abaixo, pois isto designa unha dobre realidade inexistente, porén os valores numéricos son similares, posto que a calidade da convexidade depende do punto de vista do observador.
O termo é de aplicación en matemáticas, xeometría, xeografía, demografía, enxeñaría, óptica, arquitectura, etc.[4]
Ángulos cóncavosEditar
Porén, a definición de ángulo cóncavo non se axusta intuitivamente á definición xeral, e é a seguinte: un ángulo é cóncavo, reflexo ou entrante se mide máis de 180° e menos de 360° (máis de rad e menos de rad). |
Figuras xeométricas cóncavasEditar
Un polígono é cóncavo, se ao atravesalo unha recta pode cortalo en tres ou máis puntos. Posúe polo menos un ángulo interior cóncavo.
Funcións alxebraicas cóncavasEditar
- Artigo principal: Función cóncava.
Unha función é cóncava cando dados dous puntos calquera, o segmento que os une queda por baixo da curva. Presenta a súa concavidade cara abaixo.[5]
A concavidade, como característica do gráfico dunha función, refírese á condición xeométrica da rexión situada baixo unha curva.
Dise que unha función f(x) é cóncava cando a rexión baixo a curva é convexa, en caso que a función sexa dúas veces derivable, esta é cóncava se, e só se f"(x) < 0.
Unha función cóncava, tamén se chama cóncava cara abaixo, mentres que unha función convexa é chamada cóncava cara arriba.
NotasEditar
- ↑ "Dicionario; concavidade". Real Academia Galega. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ DLE.
- ↑ Def. cóncavo.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Concavidad en descartes.cnice.mec.es.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concavidade |
Outros artigosEditar
- Polígono cóncavo
- Función cóncava
- Convexidade
- Función convexa