Comunidade Económica e Monetaria de África Central

A Comunidade Económica e Monetaria de África Central (CEMAC) (en francés Communauté Économique & Monétaire de l'Afrique Centrale) é unha organización internacional creada para substituír a Unión Aduaneira e Económica de África Central (UADAC, do francés Union Douanière et Économique de l'Afrique Centrale). O tratado que institúe a CEMAC foi asinado o 16 de marzo de 1994 en Xamena (Chad) e entrou en vigor en xuño de 1999.

Comunidade Económica e Monetaria de África Central
AcrónimoCEMAC
Tipoorganización intergobernamental
Data de fundación1999
SedeBangui
Na rede
https://www.cemac.int/
editar datos en Wikidata ]

A CEMAC, que reagrupa a Unión Monetaria de África Central (UMAC) e a Unión Económica de África Central (UEAC), ten por misión:

  • estabelecer unha unión cada vez máis forte entre os pobos dos Estados membros para reafirmar a súa solidariedade xeográfica e humana;
  • promover as iniciativas nacionais para a eliminación das trabas ao comercio intracomunitario, a coordinación dos programas de desenvolvemento, a harmonización dos proxectos industriais;
  • o desenvolvemento da solidariedade dos países membros para favorecer os países e rexións máis pobres;
  • crear unha auténtica cooperación africana.

O 24 de xaneiro de 2003 a Unión Europea, concluíu un acordo financeiro coa CEEAC e a CEMAC, condicionada a que a CEMAC e a CEEAC converxeran nunha soa organización, e así, a CEEAC tomará a súa parte de responsabilidade na defensa da paz e a seguridade da rexión a través do pacto COPAX de seguridade.

Aínda que a CEMAC non é un dos piares da Comunidade Económica Africana, os seus membros si están asociados a través da CEEAC, Comunidade Económica dos Estados de África Central.

Institucións da CEMAC editar

  • A Conferencia de Xefes de Estado encárgase de definir a política da Comunidade e de orientar a acción da UEAC e a UMAC.
  • O Consello de Ministros, que asume a dirección da UEAC.
  • O Secretariado executivo, sito en Bangui (República Centroafricana).
  • O Banco dos Estados de África Central (BEAC), sito en Yaoundé (Camerún) define e conduce a política monetaria.
  • A Corte de Xustiza comunitaria instalada en Xamena (Chad).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar