Cometa Hyakutake

cometa

O Cometa Hyakutake (Pronuncia xaponesa: [çakɯ̥take], C/1996 B2) és un cometa, descuberto o 31 de xaneiro de 1996, que pasou moi preto da Terra en marzo dese ano. Foi denominado o Gran cometa de 1996; o seu paso pola veciñanza terrestre foi un dos encontros máis próximos dos últimos dous séculos. Hyakutake foi moi brilante nos ceos nocturnos e amplamente contemplado en toda a Terra, superando en popularidade temporal ó moito máis anticipado Cometa Hale-Bopp, que estaba aproximándose ó Sistema solar interior naquelas datas.

Hyakutake en raios X.
Hyakutake en raios X.

As observacións científicas do cometa levaron a varios descubrimentos. Moitos, sorprenderon ós científicos cometarios, como a primeira emisión observada de Raios X por cometa, o que se cre que foi causado por partículas ionizadas de vento solar interactuando con átomos neutros da cola do cometa. A nave Ulises cruzou de xeito inesperado a cola do cometa a unha distancia de máis 500 UA do núcleo cometario, amosando que Hyakutake tiña a cola máis longa coñecida a un cometa.

Hyakutake é un cometa de período longo. Antes do seu recente paso a través do Sistema Solar, o seu período era duns 17 000 anos, pero as perturbacións gravitatorias dos planetas xigantes incrementou ese período a 70 000 anos.