Cometa Hale-Bopp

O Cometa Hale–Bopp (C/1995 O1) é un cometa dos máis amplamente observados no século XX, un dos máis brilantes vistos en moito tempo e o de maior tamaño ata a descuberta do cometa C/2014 UN271 Bernardinelli-Bernstein.

Animación da órbita dende fóra do plano da eclíptica.
Animación da órbita dende fóra do plano da eclíptica. (A Terra, en azul; Xúpiter en verde)
Animación da órbita. Vista ecuatorial.
Animación da órbita. Vista ecuatorial. (A Terra, en azul; Xúpiter en verde)

Alan Hale e Thomas Bopp fixeron a descuberta de xeito separado o 23 de xullo de 1995, antes de que fora visible a ollo nu. Pasou polo perihelio o 1 de abril de 1997, acadando unha magnitude -1,8. Foi visible sen instrumental durante 18 meses, o dobre que o gran cometa de 1811, marca previa.