Columela
Lucius Junius Moderatus, máis coñecido como Columela, nado en Gades, Bética o 4 d. C. e finado en Tarento ca. 70 d. C., foi un escritor agronómico romano.
Columela | |
---|---|
Nacemento | 4 |
Lugar de nacemento | Cádiz |
Falecemento | 70 |
Lugar de falecemento | Taranto |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado na Bética, do mesmo xeito que Séneca, do que foi amigo, estivo un tempo no exército romano e foi tribuno en Siria o ano 35 d. C. Despois trasladouse á península itálica, onde puxo en práctica os seus coñecementos de agricultura nas súas propiedades de Ardea, Carseoli e Alba.[1]
Da súa obra escrita chegounos De re rustica (Os traballos do campo), escrito cara ao ano 42,e De arboribus (Libro das árbores).[2] Na primeira destas obras, dividida en doce libros, e inspirándose en obras anteriores de Catón o Vello, Varrón e outros autores latinos, gregos e mesmo cartaxineses, trata sobre todos os traballos do campo no máis amplo sentido da palabra: desde a práctica da agricultura, a gandaría e a apicultura, até a cura de animais, pasando pola elaboración de distintos produtos e conservas.[3]
En De arboribus trata sobre cultivos arbustivos como a vide, até árbores como a oliveira ou os froiteiros, e mesmo flores como a violeta ou a rosa. A obra de Columela é considerada o repertorio máis amplo e documentado sobre agricultura romana.
O catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, Luís Alfonso Gil Sánchez, opina que a familia Columela foi a responsable da introdución dos olmos ‘romanos’ na península ibérica.[4]
En 1794, os botánicos José Antonio Pavón y Jiménez e Hipólito Ruiz López puxeron o nome de Columellia na súa honra a un xénero peruano de astéridas.[5]
En 1824, Juan María Álvarez de Sotomayor Rubio publicou De re rustica en castelán integramente e por primeira vez: Os doce libros de agricultura que escribiu en latín Lucio Xuño Moderato Columela (Madrid, Miguel de Burgos, 1824, 2 vols.). O primeiro comprende os sete primeiros libros, e o segundo os outros cinco. Hai tres edicións facsimilares modernas: Santander, Sociedade Nestlé - A.E.P.A, 1979; Extramuros Edición, S.L., 2009; Valladolid: Maxtor Editorial, 2013.
ObrasEditar
- Columela. La labranza. Obra completa. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-2742-4.
- Volumen 1: Libro de los árboles. La labranza. Libros I–V. ISBN 978-84-249-2738-7.
NotasEditar
- ↑ "De re rustica (traducción inglesa) III.9.2".
- ↑ Tratado de viticultura general, por Luis Hidalgo
- ↑ Columela: Res rustica (Los trabajos del campo).
- ↑ "Olmos ibéricos y olmos gaditanos".
- ↑ Biographie universelle (Michaud) ancienne et moderne ... (en francés). Madame C. Desplaces.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Columela |
BibliografíaEditar
- García Armendáriz, José-Ignacio. Agronomía y tradición clásica: Columela en España. Universidad de Sevilla. Secretariado de Publicaciones. ISBN 84-472-0196-1. OCLC 35616633.
- Saltini, Antonio. Storia delle scienze agrarie, vol I, Dalle origini al Rinascimento. Edagricola.