Abrir o menú principal

O Colorado Rapids é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Denver, no estado de Colorado, polo que xoga na Conferencia Oeste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. O seu único título oficial foi no ano 2010, cando gañou a MLS Cup

Colorado Rapids
NomeColorado Rapids
Alcume(s)Rapids
Fundación1995
EstadioDick's Sporting Goods Park
Commerce City, Colorado
Estados Unidos
Inauguración2007 [1]
Capacidade18,000
PropietarioStan Kroenke
AdestradorFlag of Argentina.svg Pablo Mastroeni
LigaMajor League Soccer
2015Oeste: 10º
Global: 19º
Playoffs: Non clasificado
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

As cores iniciais do equipo eran o verde e o branco, no ano 2003 cambiáronse as cores ó azul e branco. No ano 2007 os Rapids volveron a cambiar de cores, esta vez ó azul e granate [2].

HistoriaEditar

IniciosEditar

A franquía comezou a súa andadura pola MLS o 13 de abril de 1996 contra o Kansas City Wizards caendo por tres goles a cero. Tras perder nove dos seus últimos encontros, os Rapids acabaron quintos na Conferencia Oeste [3]. No ano 1997 tras un gran número de fichaxes o equipo rematou cuarto na fase regular. Tras eliminar ó Kansas City Wizards e ó FC Dallas, a franquía chegou á súa primeira final da MLS Cup. Foi fronte o campión do ano anterior, o D.C. United, pero o equipo de Denver non conseguiu vencelos e o D.C. United gañaba a súa segunda MLS Cup consecutiva [4]. Tras tres anos caendo na primeira ronda das eliminatorias, no ano 2001 o equipo non conseguiu clasificarse para os playoffs con só cinco vitorias na tempada regular [5].

Anos de cambiosEditar

No ano 2003, o club cambiou as súas cores de identidade, do verde coma cor principal os de Colorado pasáronse a vestir con raias verdes e azuis [6]. A pesar das novas cores o equipo foi eliminado nas semifinais de conferencia. Resultado que repetiron na seguinte tempada. No ano 2005 chegaron á final da conferencia Oeste, pero caeron derrotados polo Los Angeles Galaxy por dous goles a cero [7]. A seguinte tempada volveron a caer na mesma ronda pero desta vez foi fronte ó Houston Dynamo por tres goles a un [5].

O ano 2007 foi un ano de cambios, o Colorado Rapids mudouse ó Dick's Sporting Goods Park na área metropolitana de Denver. A equipación e o escudo tamén sufriron cambios, ámbolos dous de cor granate con toques azuis. Con todos estes cambios o equipo non conseguiu clasificarse ás eliminatorias por sexta vez na súa historia [8]. E os Rapids non conseguiron de novo unha praza nos playoffs ata o ano 2010 no que sorprendentemente avanzaron ata a final deixando polo camiño ó Columbus Crew e ó San Jose Earthquakes. A final da MLS Cup foi contra o FC Dallas, o equipo de Denver tivo que sobrepoñerse ó gol inicial dos de Texas cun gol de Conor Casey que levou o partido á prórroga, na que no minuto 107 o defensa George John marcou un autogol que deulle a vitoria ós Rapids en Toronto [9].

Malas tempadas tras o títuloEditar

Tras gañar o seu primeiro título na súa historia, a tempada do ano 2011 prometía ser emocionante, pero non logaron pasar das semifinais de conferencia fronte ó Sporting Kansas City. O ano seguinte quedaron fora da fase das eliminatorias. No ano 2013 os Rapids lograron unha praza para a "ronda do k.o." que lles daría a posibilidade de xogar as eliminatorias, pero perderon por dous goles a cero contra ó Seattle Sounders [10]. O 2014 foi un dos peores anos na historia do equipo quedando penúltimos na conferencia Oeste. A seguinte tempada non foi mellor, os de Denver remataron na última posición da conferencia e só mellor que o Chicago Fire na táboa xeral [11].

Xogadores [12][13]Editar

Posto País Xogador
1 POR   Irwin Clinton
3 DEF   Drew Moor
4 DEF   Marc Burch
5 DEF   Mekeil Williams
6 MED   Sam Cronin
7 DEL   Vicente Sánchez
8 MED   Dillon Powers
9 DEL   Kevin Doyle
10 MED   Marco Pappa
11 DEL   Shkëlzen Gashi
12 POR   John Berner
14 DEL   Dominique Badji
Posto País Xogador
16 MED   Zach Pfeffer
17 MED   Dillon Serna
18 POR   Zac MacMath
20 DEF   Joseph Greenspan
21 DEL   Luis Solignac
22 MED   Micheal Azira
23 DEF   Bobby Burling
24 DEF   Sean St. Ledger
29 DEL   Caleb Calvert
33 DEF   Jared Watts
44 DEF   Axel Sjöberg
94 MED   Marlon Hairston

TítulosEditar

RécordsEditar

Individuais [14]Editar

Asistencia [15]Editar

Tempada Total Media Récord
1996 163,413 10,213 21,711
1997 189,355 11,835 36,252
1998 236,995 14,812 46,722
1999 224,459 14,029 51,025
2000 201,281 12,580 53,126
2001 214,249 16,481 60,500
2002 289,622 20,687 61,202
2003 251,578 16,772 60,142
2004 212,925 14,195 41,979
2005 218,206 13,638 41,987
2006 192,894 12,056 39,205
2007 221,229 14,749 18,458
2008 204,884 13,659 18,776
2009 184,963 12,331 19,680
2010 199,929 13,329 18,363
2011 252,248 14,838 18,277
2012 257,972 15,175 19,152
2013 263,479 15,499 18,359
2014 256,206 15,071 18,432
2015 266,168 15,657 18,597

Galería de honor [16]Editar

A galería de honor do club foi establecida en 2003 para homenaxear os xogadores máis destacados que estiveron nas filas do Rapids.

NotasEditar