Ellis Park

(Redirección desde «Coca-Cola Park»)

Coordenadas: 26°11′51″S 28°03′39″L / -26.1975, 28.060833333333

O Ellis Park, chamado por motivos publicitarios Coca-Cola Park (First National Bank), é un estadio de rugby e de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Este estadio acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 onde a selección de rugby de Suráfrica gañou, feito representado na película "Invictus".

Ellis Park
Coca-Cola Park durante o partido Eslovaquia-Italia na Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Datos
LocalizaciónXohanesburgo, Suráfrica
Construción
Inauguración1928
Renovación2009
ArquitectoBoogertman & Partners
Custo£ 5.000
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade62.567
PropietarioGolden Lions Rugby Union
Orlando Pirates F.C.
LocalíaGolden Lions Rugby Union
Orlando Pirates F.C.
Selección de rugby de Suráfrica
Eventos

Historia editar

Inaugurado en 1928, foi demolido e reconstruído en 1982. Ten unha capacidade de 62.567 espectadores para partidos de rugby ou fútbol. Até a construción dos novos escenarios da Copa Mundial de Fútbol de 2010, era o estadio máis moderno do país. Ellis Park é a sede do Orlando Pirates F.C., que se converteu en 1995 no primeiro equipo de Suráfrica en alzarse co título da Copa Africana de Clubs Campións.

O 11 de abril de 2001 foi escenario dunha das maiores traxedias do deporte: durante un encontro entre Kaizer Chiefs e Orlando Pirates, 43 seareiros morreron tentando acceder ao seu interior, cando xunto con 30.000 persoas máis tentaban ingresar a un estadio que xa estaba cheo. Albergou a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 e foi unha das sedes da Copa Mundial de 2010. Para esta competición, a súa capacidade ampliouse ata 70.000 localidades, cunha remodelación mínima.[1]

Copa do Mundo 2010 editar

Partidos editar

O Ellis Park albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e un de cuartos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Arxentina  
1 - 0
  Nixeria
55.686
15 de xuño Primeira rolda Brasil  
2 - 1
  Corea do Norte
37.034
18 de xuño Primeira rolda Eslovenia  
2 - 2
  Estados Unidos
45.573
21 de xuño Primeira rolda España  
2 - 0
  Honduras
54.386
24 de xuño Primeira rolda Eslovaquia  
3 - 2
  Italia
53.412
28 de xuño Oitavos de final Brasil  
3 - 0
  Chile
54.096
2 de xullo Cuartos de final Paraguai  
0 - 1
  España
55.359

Notas editar

  1. "FIFA.com: Ellis Park.". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar