Cobalt Air

aeroliña chipriota

Cobalt Air foi unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía realizou o seu voo inaugural o 1 de xuño de 2016 dende Larnaca ata Atenas.[2] Foi a segunda aeroliña chipriota en nacer, despois de Tus Airways, desde a disolución de Cyprus Airways en 2015. De xuño de 2017 ata outubro de 2018 foi a segunda aeroliña máis grande no aeroporto de Larnaca cun 8,2% de capacidade semanal tras Aegean Airlines, e agardabase que fose a compañía con máis presenza para o verán de 2018 ao baixar Aegean os seus voos nese aeroporto.[3] Porén, Cobalt Air cesou todas as súas operacións o 17 de outubro 2018 por problemas financieiros.[4]

Cobalt Air
IATA
CO
OACI
FCB
Indicativo
APOLLO
Fundación2015[1]
Inicio das operacións1 de xuño de 2016[1]
Fin das operacións17 de outubro de 2018
Aeroporto principalaeroporto de Larnaca
Frota6
Destinos23
Páxina web: https://cobalt.aero

Historia

editar

O primeiro Airbus A320 de Cobalt Air chegou en abril de 2016 e a aeroliña rebibiu o seu certificado de operador o 18 de maio dese ano despois dun voo de proba entre Larnaca e Heraklion. Segundo o seu presidente Gregory Diacou, Cobalt planeaba recibir outros tres avións do mesmo tipo cara finais do mes de xuño.[5]

Despois do seu exitoso voo inaugural entre Larnaca e Atenas, Cobalt comezou a vender billetes o 14 de xuño para esa ruta e outras cinco novas rutas máis: Dublín, Heraklion, Londres-Stansted, Manchester e Tesalónica.[6]

O 4 de marzo de 2017 o ministro de transporte de Chipre anunciou que Cobalt comezaría a operar tres veces por semana a ruta entre Paphos e Athens enchendo o baleiro deixado por Ryanair que deixaría de operar ese voo a finais do mes.[7]

En agosto de 2017 a aeroliña anunciou plans para instalar nos seus avións Wi-Fi para permitirlle aos seus pasaxeiros descargar contidos nos seus dispositivos persoais. Trátase dun movemento para afastarse da súa concepción orixinal como unha aeroliña de baixo custo cara a unha modelo de servizos plenos.[8]

En maio de 2018 a aeroliña anunciou que utilizaría unha plataforma IFE (entretemento en voo) sen fíos portátil chamada Bluebox Wow para introducir IFE na súa frota.[9] No mes de xuño dese ano Cobalt asinou un acordo con Etihad Airways para permitir aos pasaxeiros facturar as súas maletas nos voos de conexión con destinos nas máis de 100 rutas da rede de Etihad.[10]

O 17 de outubro de 2018 Cobalt Air suspendeu indefinidamente todas as súas operacións debido a problemas financieiros.[4]

 
Airbus A319-100
 
Airbus A320-200

En outubro de 2018 a frota de Cobalt Air estaba formada polos seguintes avións:[11]

Frota de Cobalt Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-100 2 144 144[12]
Airbus A320-200 4 12 144 156[12]
Total 6
  1. 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Cobalt Air". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  2. Cyprus Mail (ed.). "COBALT – the new airline of Cyprus – conquers the skies.". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  3. anna.aero (ed.). "Cobalt prepares to go long-haul; anna.aero visits Cyprus’ leading airline as it gets ready to enter its second year of operations". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Cyprus's Cobalt to suspend operations". ch-aviation.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2025. 
  5. In-Cyprus (ed.). "COBALT officially Cyprus’ new airline". Archived from the original on 19 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  6. anna.aero (ed.). "Cobalt takes to the skies from Cyprus". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  7. Cyprus Mail (ed.). "Cobalt to fill Ryanair’s Paphos-Athens gap". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  8. Aviation Week (ed.). "Cobalt Air To Install Onboard Wi-Fi". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  9. Kington, Izzy (2018-05-25). "Cobalt Air adds IFE across A320/A319 fleet, using portable wireless platform". Aircraft Interiors International (en inglés). Consultado o 2025-01-23. 
  10. "Cobalt Air signs interline agreement with Etihad". www.businesstravelnewseurope.com (en inglés). 2018-06-08. Consultado o 2025-01-23. 
  11. "Cobalt Air Fleet Details and History". Planespotters.net (en inglés). 2024-12-12. Consultado o 2025-01-23. 
  12. 12,0 12,1 Cobalt Air (ed.). "Fleet". Consultado o 17 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar