Club Voleibol Barcelona Barça

club de voleibol feminino da cidade de Barcelona, Cataluña

O Club Voleibol Barcelona Barça é un club de voleibol feminino da cidade de Barcelona, Cataluña. Trátase dunha sección de voleibol feminino asociada ao Futbol Club Barcelona. Actualmente compite na Superliga 2. Foi fundada en 1994.

O CVB Barça.

Conta, ademais do seu sénior, cunha escola de voleibol, equipos alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e júnior.[1]

Historia editar

O Club Voleibol Barcelona foi fundado en 1994 a partir da que fora sección de voleibol feminino do RCD Espanyol e que desaparecera. Ao ano seguinte, en 1995, asinou un acordo de patrocinio coa empresa Winterthur, que se converteu no patrocinador do club. Este mesmo ano logrou o campionato de España xuvenil. Na tempada 1998-99, o equipo consegue o ascenso á División de Honra. No 2004 asinou un acordo de colaboración co FC Barcelona, converténdose en sección asociada ao club e trocando o seu nome polo de Club Voleibol Barcelona Barça.

Notas editar

  1. "Información oficial do club". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar