Club Natación Arteixo

club deportivo galego

O Club Natación Sarval Arteixo ou CN Arteixo é un club deportivo galego con base no concello de Arteixo no que se practica a natación e salvamento.

Club Natación Arteixo
Tipoclub deportivo
Deportenatación e salvamento acuático
Data de fundación2005
SedeArteixo
PaísGalicia
Na rede
https://natacionarteixo.com
Facebook: 100064377684118 Instagram: _cnarteixo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O club nacau no mes de setembro do ano 2005, a partir da anterior sección de natación do Club de Atletismo de Arteixo.[1] Este proceso de separación comezou na tempada 2002-03 co fin de darlle a posibilidade de continuar a práctica deportiva a nivel federado a un grupo de rapaces do concello, que en anos anteriores destacaran na campaña de natación escolar, promovida pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. No devandito programa escolar os rapaces de Arteixo acadaran varios títulos e autonómicos, mais este programa só se dirixía a rapaces dende os 8 os 12 anos de idade. Deste xeito a directiva do Club de Atletismo de Arteixo propúxolle a este grupo a posibilidade de continuar a práctica deportiva dando lugar á sección de natación do club.[1]

Logros editar

Nas últimas tempadas destacaron nadadoras como a Paula Otero, nada no 2004[2], ou María de Valdés, que compite na modalidade de augas abertas.​​ Gañou unha medalla de prata no Campionato Europeo de Natación de 2022, na proba de 5 km [3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Historia | Club Natación Arteixo". natacionarteixo.com. Consultado o 2023-08-29. 
  2. "Paula Otero: “Voy al Mundial a mejorar mis marcas, sin pensar en finales”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2023-08-29. 
  3. "Paula Otero: “Voy al Mundial a mejorar mis marcas, sin pensar en finales”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2023-08-29. 
  4. "Prensa | Club Natación Arteixo". natacionarteixo.com. Consultado o 2023-08-29.