Abrir o menú principal

O Club Karepas foi un club de remo pontevedrés de comezos do século XX.

Existiu nas décadas de 1920 e 1930. O seu lema era "remo e bocadillos", e formaron parte del persoeiros como Castelao, Tomás Abeigón Pazos, Losada Diéguez, Blanco Porto, Celso López Blanco, Antón Iglesias Vilarelle e Sánchez Cantón, entre outros. A frota do Karepas consistiu de dúas pequenas embarcacións e dúas grandes barcas: "La Reina" e "K-4" cunha bandeira deseñada por Castelao que semellaba a xaponesa.[1]

NotasEditar

  1. Landín Carrasco, Rafael (1986). Pontevedra de aquella. Deputación Provincial de Pontevedra.