Club Béisbol Cambre

O Club Béisbol Cambre é unha entidade deportiva galega adicada ó béisbol que ten a súa base no concello de Cambre. O equipo xoga os seus partidos como local no Campo de béisbol de Acea de Ama, no Burgo (Culleredo).

Campo de béisbol de Acea de Ama, casa do C.B Cambre.

Historia

editar

O club naceu na Coruña en 1990 co nome Águilas del Atlántico e competiu na primeira edición da Liga Xunta de Galicia de Béisbol nese ano 1990, acadando o subcampionato. No ano 1994 produciuse a fusión entre o Águilas del Atlántico e o club Marineros, tamén da Coruña, pasando a chamarse o novo equipo Béisbol Coruña. En 2001 o club trasládase ó concello de Cambre e troca o seu nome por Club Béisbol Cambre. Nos seus 20 anos de historia este equipo gañou en 8 ocasións a Liga Xunta de Galicia de Béisbol (nos anos 1994, 1999, 2004, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010), sendo por iso o club máis laureado do béisbol galego. Non obstante, na tempada 2011 o equipo foi eliminado polo Lume Béisbol Club e non tivo a oportunidade de loitar polo título de liga na final por vez primeira en moitos anos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar