Clima de montaña

(Redirección desde «Clima alpino»)

O clima de montaña é propio de zonas situadas a máis de 1.200 metros de altitude. En España é propio dos Pireneos, Sistema Central, as Cordilleiras Béticas e a Cordilleira Cantábrica.

Mapa climático de España:      Clima de montaña

Caracterízase por uns invernos fríos e longos, con temperaturas negativas, e veráns frescos e curtos. Ten unha oscilación térmica de 10,5 °C. As precipitacións son moi abundantes en forma de auga na primavera e verán e de neve no inverno; e con posibilidade no outono e primavera. É unha variante do clima da tundra, aínda que máis suave.

As montañas tenden a ter condicións climáticas diferentes do clima zonal onde se atopan, debido a un descenso da temperatura coa altura. O gradiente térmico negativo de 0,5-1 °C cada 100 metros supón un aumento da humidade relativa do aire e a presenza de choivas orográficas abundantes na vertente de barlovento; e menores na vertente de sotavento. A orientación con respecto aos ventos dominantes e o sol é de transcendencia vital (ver efecto foehn).

Tamén reciben unha maior insolación e un réxime de ventos específico, creando un topoclima diferenciado. Con todo, os centros de acción, as masas de aire e as frontes que lle afectan son os mesmos que no clima zonal.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.