Clemente VIII, papa

(Redirixido desde «Clemente VIII»)

Ippolito Aldobrandini, nado o 24 de febreiro de 1536 e finado o 3 de marzo de 1605), foi un papa da Igrexa católica, elixido como tal o 30 de xaneiro de 1592, e tomando o nome de Clemente VIII.

Clemente VIII, papa
0 Le Pape Clément VIII Aldobrandini - Ateliers médicéens, sur un projet de Jacopo Ligozzi (2).JPG
Clemente VIII
Nome completoIppolito Aldobrandini
Nacemento24 de febreiro de 1536
Lugar de nacementoFano
Falecemento3 de marzo de 1605
Lugar de falecementoRoma
CausaIctus
Soterradobasílica de Santa María a Maior
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Padua, Universidade de Boloña e Universidade de Perugia
Ocupacióndiplomático, clérigo e sacerdote católico
PaiSilvestro Aldobrandini
IrmánsGiovanni Aldobrandini
Período1592 a 1605
Coñecido porser o papa n° 231 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Aldobrandini-6 Find a Grave: 8815346 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O máis destacado do seu pontificado foi, sen dúbida, a súa reconciliación con Henrique IV de Francia e o seu distanciamento da política de Filipe II de España. Cando en 1593 Henrique de Borbón se viu forzado a levantar o cerco ó cal sometera París ante a soa aproximación dos terzos españois procedentes de Flandres e comprendeu a inestabilidade con que portaba a coroa de Francia, reconverteuse ao catolicismo deixando aos defensores da ortodoxia cristiá sen razóns en que basear a súa oposición á nova monarquía borbónica. Dous anos despois, Clemente VIII absolveu solemnemente ao rei converso e admitiuno sen restricións no seo da Igrexa.

O indulxente perdón papal destilaba esencias políticas. Ningunha acción cabía esperar xa de Filipe II contra Inglaterra, e en Francia era innecesaria a súa intervención unha vez retornado o seu rei á obediencia da santa sé. Pola contra, o poder que acumulara o monarca español fíxose sentir no propio Vaticano e transcendía a Italia enteira. Como sucedera tantas veces en similares circunstancias, maquinaba o papa a forma de librarse dun incómodo protector e non atopou outra cá de trocar as alianzas. Clemente VIII viu en Henrique IV un valioso asociado na tarefa de sacudirse do xugo español, por iso, cando en 1595 o Borbón declarou formalmente a guerra a España, o papa apresurouse a levantar as penas eclesiásticas que pesaban sobre daquel.

Dous anos máis tarde tivo ocasión de poñer a proba a fidelidade do novo rei católico e sacar proveito da súa asociación. En outubro de 1597 morría sen descendencia Afonso II, duque de Ferrara, e presentóuselle ó papa unha ocasión única para anexionar a praza forte aos Estados Pontificios. España non compartía o proxecto de Clemente e manobrou para que César d'Este, un curmán ilexítimo de Afonso, dese continuidade á dinastía, pero o papa acudiu a Henrique IV que lle prometeu a axuda militar necesaria para levar a bo termo o seu plan. Filipe II non quixo abrir unha nova fronte de loita e desistiu da pelexa. As tropas pontificias puideron así entrar en Ferrara sen obstrución, ocupar a cidade e integrala nas posesións da igrexa. Conseguido o seu obxectivo, o papa Clemente mediou entre España e Francia para que desenvolvesen negociacións de paz que culminaron o 2 de maio de 1598 co Tratado de Vervins.

A execución de Giordano Bruno o 17 de febreiro de 1600, da que Xoán Paulo II pediu públicas escusas en nome da Igrexa, ensombrece a memoria do papa Clemente VIII.

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.