O proxenitor do Clan Leslie era un home chamado Bartolf, que era un nobre de Hungría e chegou a Escocia en 1067.[2] Bartolf pertencía supostamente ó séquito de Edgar Ætheling, irmán de Santa Margarida de Escocia, quen posteriormente sería raíña de Malcolm III de Escocia.[2] Postriormente, casou coa irmá de Malcolm III, a princesa Beatriz de Escocia.[3] De Bartolf dicíase que era un home espelido e valente, e como resultado diso, Malcolm III fíxoo gobernador do Castelo de Edimburgo e deulle terras en Fife, Angus, Mearns e Aberdeenshire.[2] Bartolf axudou á raíña a cruzar a cabalo un río perigoso e foi cando Bartolf lle dixo o deu "grip fast" (agárrate axiña), que é de onde vén o lema do clan.[2]
Bartolf estableceuse en Garioch, no distrito de Aberdeenshire, nun lugar coñecido como Lesselyn. En Lesselyn, construíu un castelo e o nome do lugar deveu en Lesley, o nome do clan.[2] O fillo de Bartolf chamouse Malcolm e foi feito gardián do Castelo Inverury, que mantivo para David II de Escocia.[2] O seu tataraneto foi Sir Norman Lesley, quen adquiriu as terras de Fythkill en Fife, que posteriormente foron chamadas Lesley arredor do 1282.[2]