Club de Fútbol Ciudad de Murcia
O Club de Fútbol Ciudad de Murcia foi un club de fútbol da cidade de Murcia, en España. Foi fundado en 1999 e desapareceu en 2007 cando o seu presidente, Enrique Pina, vendeu todas as accións do club a un empresario dono do Granada 74, que trasladou o domicilio social do club a Granada e cambioulle o nome polo de Granada 74 Club de Fútbol.
Nome | Club de Fútbol Ciudad de Murcia | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Os Citys, O equipo rojinegro | ||
Fundación | 1999 | ||
Desaparición | 2007 | ||
Estadio | La Condomina Murcia, España | ||
Inauguración | 1924 | ||
Capacidade | 13.500 espectadores | ||
|
Historia
editarAscensos sucesivos
editarO club xurdiu no verán de 1999 cando Enrique Pina cumpre o seu sono de fundar un equipo de fútbol. Milita a súa primeira tempada en Territorial Preferente e debuta en Terceira División na tempada 2000/01. Logo de perder tan só 3 partidos e de acabar con 99 puntos, queda primeiro do seu grupo no play-off de ascenso, con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota.
Na tempada 2001/02 debuta en Segunda B e logra o quinto posto. Logo de varios anos cambiando de campo, na tempada 2002/03, o club chega a un acordo co Concello de Murcia para poder xogar no Estadio de La Condomina. O equipo clasifícase para o play-off de ascenso e queda encadrado no grupo D con Pontevedra, Barakaldo e Castellón. Os partidos con este último equipo, o segundo máis forte do grupo logo do Ciudad de Murcia, decidiron o ascenso a Segunda División.
Na súa primeira tempada en Segunda, a 2003/04, loita por conseguir a permanencia e acaba no 17º posto. Na seguinte tempada consegue seguir na categoría cun xusto 18º posto. O protagonista de ambas campañas foi Dani Güiza, máximo goleador do equipo, que foi traspasado ao Getafe.
Na terceira tempada na categoría, a 2005/06, o equipo tiña como obxectivo a permanencia. Ao finalizar a primeira volta estaba situado na metade da táboa, pero logo de varios partidos imbatido chegou ás últimas xornadas con posibilidades de ascenso a Primeira División. Na última xornada, tiña que gañar o seu partido e perder o Levante para poder ascender, pero o equipo valenciano gañou e os sonos do Ciudad de Murcia quedaron lastrados.
A venda sen precedentes
editarNa cuarta tempada, a 2006/07 o equipo volve rematar a tempada en cuarta posición. O Concello de Murcia non axudou ao club a construír as súas propias instalacións e chegou a oferta de Carlos Marsá, presidente do Club Polideportivo Granada 74, que quere comprar o club e trasladalo a Granada. O 6 de xuño de 2007 prodúcese esta venda sen precedentes. No último partido da historia do Ciudad de Murcia os afeccionados protestaron a decisión de Enrique Pina.
O renacemento
editarA Federación de Peñas do Ciudad de Murcia mobilízase e exponse a Carlos Marsá que ceda á federación o Ciudad de Murcia B e as bases do equipo. Marsá acepta, xa que a súa idea é a de converter ao orixinal Granada 74 no filial do seu novo club, pero a Federación Murciana de Fútbol advírtelles de que é imposible, xa que o filial é dependente do primeiro equipo e o traslado do Ciudad de Murcia implica a desaparición das bases da Federación Murciana. Vendo que a continuidade do Ciudad de Murcia era imposible, o 25 de xuño de 2007, Evedasto Lifante (antigo directivo do Ciudad de Murcia) conseguiu pechar un acordo co EMD Lorquí, adquirindo o mesmo e cambiando a súa denominación á de Club Atlético Ciudad de Lorquí. O equipo e as categorías inferiores xogan en Lorquí, aínda que o obxectivo é volver xogar en Murcia. Ademais fíchanse a varios xogadores que militaban no Ciudad de Murcia B e a Pepe Aguilar, mítico xogador do Ciudad de Murcia.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta roxinegra, pantalón negro, medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio de La Condomina.
O Estadio de La Condomina, é o lugar onde o Club de Fútbol Ciudad de Murcia xogaba os seus partidos de local. Ten capacidade para 13.500 espectadores e foi inaugurado o día 25 de decembro de 1924. En 2007 anunciouse que o estadio sería derrubado, para construír un centro deportivo cuberto e ao aire libre.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 4
- Tempadas en 2ªB: 2
- Tempadas en 3ª: 1
- Tempadas en Territorial Preferente: 1
- Mellor posto na liga: 4º (Segunda tempadas 05-06 e 06-07)
- Peor posto na liga: 18º (Segunda tempada 04-05)
- Máximo goleador: Dani Güiza con 21 goles.
Historial
editarTempada | Categoría | Posición | Copa do Rei |
---|---|---|---|
1999/00 | Territorial Preferente | 1º | |
2000/01 | 3ª División | 1º | |
2001/02 | 2ª División B | 5º | 1/8 de final |
2002/03 | 2ª División B | 3º | 1ª Eliminatoria |
2003/04 | 2ª División | 17º | 3ª Eliminatoria |
2004/05 | 2ª División | 18º | 3ª Eliminatoria |
2005/06 | 2ª División | 4º | 3ª Eliminatoria |
2006/07 | 2ª División | 4º | 2ª Eliminatoria |
Xogadores
editarXogadores destacados
editarAdestradores
editarCronología dos adestradores
editar
|
|
Palmarés
editarFilial
editar- Artigo principal: Ciudad de Murcia B.
O Ciudad de Murcia B era o primeiro equipo filial do CF Ciudad de Murcia. Foi fundado no ano 2002 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Desapareceu cando o primeiro equipo trasladouse a Granada, pois este era un equipo dependente do primeiro.