Carpaza macho

especie de planta
(Redirección desde «Cistus populifolius»)

A carpaza macho[1] ou estevón (Cistus populifolius), é unha especie fanerógama pertencente á familia Cistaceae.

Distribución e hábitat editar

Aparece na Península Ibérica e no sur de Francia (Narbona). Abunda en Andalucía, Estremadura e metade sur de Portugal. Aparece tamén en gran parte de Galicia, a cornixa cantábrica e as illas Baleares.

Medra nos mesmo lugares ca esteva (Cistus ladanifer) ocupando os lugares máis umbríos (por ser especie menos heliófila) e máis frescos.

Descrición editar

É unha planta do mesmo tamaño ca Cistus laurifolius. As súas follas son simples, opostas, longamente pecioladas, estreitadas na punta e acorazonadas na base, de xeito que se poden asemellar ás do lamigueiro (Populus spp.). As flores nacen en longos pedúnculos en forma de corimbos e son brancas e moi vistosas polo que, ás veces cultívase coma planta ornamental.

Taxonomía editar

Cistus populifolius foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 523. 1753.[2]

Etimoloxía

Cistus: nome xenérico que deriva do grego kisthós latinizado cisthos = nome dado a diversas especies do xénero Cistus L. Algúns autores pretenden relacionala, pola forma dos seus froitos, coa verba grega kístē = "caixa, cesto".[3]

populifolius: epíteto latino que significa " con follas como as do lamigueiro (xénero Populus").[4]

Sinonimia
  • Cistus cordifolius Mill.
  • Cistus latifolius Sweet
  • Cistus populifolius [ß] marianus Willk.
  • Cistus populifolius [a] psilocalyx Willk.
  • Cistus populifolius [alfa] narbonensis Willk.
  • Cistus populifolius [b.] lasiocalyx Willk.
  • Cistus populifolius f. marianus (Willk.) Grosser in Engl.
  • Cistus populifolius f. narbonensis (Willk.) Grosser in Engl.
  • Cistus populifolius subsp. major (Dunal) Heywood
  • Cistus populifolius L. subsp. populifolius L.
  • Cistus populifolius var. celtibericus Pau
  • Cistus populifolius var. major Dunal in DC.
  • Cistus populifolius var. minor Dunal in DC.
  • Cistus populifolius L.
  • Ledonia populifolia var. cordifolia Spach
  • Ledonia populifolia var. longifolia Spach
  • Ledonia populifolia (L.) Spach
  • Libanotis populifolius (L.) Raf.[5]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. "Carpaza macho". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  3. En Flora Vascular
  4. en Nomes Botánicos
  5. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar