Cirurxián

(Redirección desde «Cirurxiá»)

En medicina, un cirurxián, feminino cirurxiá, é un especialista en cirurxía. É dicir un médico que é capaz de previr, diagnosticar e curar enfermidades exercendo a cirurxía.

Cirurxiáns traballando no quirófano.

A cirurxía é unha ampla categoría de tratamentos médicos invasivos que implican a abertura dun corpo, humano ou animal, para extraer un órgano enfermo ou para reparar algunha ruptura.

Os cirurxiáns poden ser médicos, dentistas ou veterinarios.

Historia

editar
Artigo principal: Historia da cirurxía.

Na Idade Media a medicina era practicada por diversos personaxes, un dos cales era cirurxián-barbeiro, o que brindaba, entre outras funcións, asistencia médica aos soldados feridos. Era, efectivamente, un barbeiro, pero ademais ofrecía a súa asistencia principalmente nas amputacións.

Existen dúas obras que, se ben son novelas históricas, ilustran o desenvolvemento da cirurxía e a anestesioloxía nos seus primeiros tempos (séculos XIX e principios do XX), chamadas O triunfo da cirurxía e O século da cirurxía, de Jürgen Thorwald.

Antes do descubrimento da anestesia e a asepsia, a cirurxía era un procedemento traumático e de último recurso, cunha taxa de morte altísima e reservado case exclusivamente aos procedementos de amputación.

Co descubrimento destas, a finais do século XIX, a cirurxía converteuse nun complicado coñecemento que exixiu a cualificación profesional en medicina.

Formación

editar

Actualmente en España o cirurxián debe ter o título de doutor en Medicina e Cirurxía e realizar polo menos unha especialización en cirurxía xeral (entre 4 e 5 anos, ademais da formación básica en medicina). Existe a posibilidade de que logo realice subespecializacións tales como:

  • Cirurxía plástica: cirurxía reconstrutiva e cirurxía estética
  • Cirurxía gastrointestinal
  • Cirurxía de mamas
  • Cirurxía oncolóxica
  • Cirurxía de cabeza e colo
  • Cirurxía cardíaca
  • Cirurxía torácica
  • Cirurxía vascular periférica
  • Neurocirurxía
  • Cirurxía ortopédica e traumatoloxía
  • Uroloxía
  • Cirurxía de transplantes
  • Cirurxía pediátrica
  • Cirurxía endócrina

Cirurxiáns pioneiros

editar
  1. El primer gran cirujano; Abulcasis Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Haeger, Knut (1993): Historia de la cirugía. Editorial Raíces.
  3. Rana, R. E. & Arora, B. S. (2002): History of plastic surgery in India [1]. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar