Cidade de Ribeira CF
O Cidade de Ribeira Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2020 no concello barbanzán de Ribeira despois da fusión do Atlético de Riveira e o Sálvora CF. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Cidade de Ribeira CF | |
---|---|
Nome | Cidade de Ribeira Club de Fútbol |
Alcume(s) | albicelestes |
Fundación | 2020 |
Estadio | Estadio Municipal da Fieiteira, Ribeira |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Liga | Preferente – Grupo Norte |
Grupo Costa/Santiago | 1.º |
Patrocinador | Concello de Ribeira |
Na rede | |
https://cidadederibeira.es/ | |
![]() ![]() ![]() | |
Disputan os seus encontros coma locais no Estadio Municipal da Fieiteira de herba natural, antigo campo do Atlético de Riveira.
Historia editar
Tras a devandita fusión entre os conxuntos ribeirenses, o Cidade de Ribeira comezaría a competir na 1° Galicia tomando a praza do Atlético de Riveira, o cal militaba nunha categoría máis alta có Sálvora CF que xogaba na 2° Galicia. Na tempada 2021-2022 o equipo acadou a clasificación á segunda fase da Primeira Galicia -reestruturada por mor da pandemia de Covid-19- xunto co Club Deportivo Unión de Asados, rematando na 4ª posición do grupo 3.
Na tempada 2023-2023, baixo o liderado de Manuel "Manu" Ángel Pena, proclamouse campión do Grupo 2 con nove puntos sobre o seu perseguidor, a SD Negreira. A maioría dos xogadores do club eran de orixe barbanzá, o que amosou que a fusión ampliou a base da canteira.[1][2] O ascenso supuxo o primeiro gran logro da nova entidade.[3]
Historial na liga editar
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2021/22 | 1ª Galicia|Grupo 3 | 4.º |
2022/23 | 1ª Galicia|Grupo 2 | 1.º |
2022/23 | Preferente|Grupo Norte |
Notas editar
- ↑ "O Cidade de Ribeira xa é equipo de Preferente. Impúxose ao Negreira para certificar o seu ascenso de categoría catro xornadas antes do final". Canal barbanza.com. 17 de abril de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "O Cidade de Ribeira xa é equipo de Preferente a falta de catro partidos". La Voz de Galicia. 17 de abril de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Recepción ao “Cidade de Ribeira” na Casa do concello tras lograr o ascenso". O Barbanza. 11 de maio de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.