Estadio Municipal da Fieiteira

recinto deportivo en Ribeira

Coordenadas: 42°32′50″N 8°59′54″O / 42.54719444, -8.99833333

O Estadio Municipal da Fieiteira é unha instalación polideportiva situada na parroquia de Carreira, destinada principalmente á práctica de fútbol e atletismo, nel xoga os seus partidos como local o Cidade de Ribeira CF e o seu propietario é o Concello de Ribeira.

Estadio Municipal da Fieiteira
Datos
LocalizaciónComplexo Deportivo da Fieteira s/n, 15960 Ribeira, Galiza
Construción
Inauguración1975
Estadio
SuperficieHerba natural
PropietarioConcello de Ribeira
LocalíaCidade de Ribeira CF

Conta cun terreo de xogo de herba natural arredor do cal existe unha pista de 6 rúas, gaiola de lanzamentos, zona de saltos (pértega e altura) e 3 fosos (1 de lanzamento de peso e 2 de salto de lonxitude). Conta ademais con bancadas cubertas.

Historia editar

Foi inaugurado en 1975 como campo de fútbol cun partido amigábel entre o conxunto local Atlético de Riveira e o Real Club Celta de Vigo e que rematou con vitoria visitante por 0-3[1]. A finais de 2001 sería cando se lle engadirían as pistas de atletismo[2].

No 2020 despois da fusión do Atlético de Riveira e o Sálvora CF pasaría a ser o campo do Cidade de Ribeira CF.[3]

Notas editar

  1. "Así es... o no...: Mi primera vez (XXXVII), por Antonio Lijó". Consultado o 2016-04-19. 
  2. Galicia, La Voz de. "El complejo de A Fieiteira contará con otra piscina cubierta y pistas de tenis". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2016. Consultado o 2016-04-19. 
  3. "O Atlético Ribeira aproba o cambio de nome e agarda o visto e prace da federación galega". La Voz de Galicia. 3 de xullo 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Ficha do complexo deportivo municipal da Fieiteira na web oficial do Concello de Ribeira. Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.