Cibrán (nome)
nome masculino
(Redirección desde «Cibrao»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cibrán.
Cibrán[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Cyprianus, nome étnico que quere dicir "natural de Chipre", "habitante de Chipre". En galego tamén ten as variantes Cibrao e Cipriano.[2]

En xaneiro de 2023 existían 181 varóns en Galicia co nome Cibrán, cunha media de idade de 17,3 anos,[3] e 204 co nome Cipriano, cunha media de idade de 67,2 anos.[4] Non hai persoas rexistradas coa variante Cibrao.
Uso do nome
editarSan Cibrán é un santo moi venerado en Galicia e patrón de numerosas parroquias polo que debeu ser un nome común na antigüidade (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán).
Santoral
editar16 de setembro: San Cibrán, crego e escritor romano, bispo de Cartago (249-58) e santo mártir da Igrexa.
Noutras linguas
editarEspañol | Cipriano |
Alemán | Cyprian |
Asturiano | Cibrián |
Catalán | Cebrià |
Checo | Cyprianus |
Corso | Ciprianu |
Croata | Ciprijan |
Dinamarqués | Cyprianus |
Esperanto | Cipriano |
Éuscaro | Kipiren |
Finés | Cyprianus |
Francés | Cyprien |
Galego | Cibrán, Cibrao |
Xeorxiano | კვიპრიანე (Kvipriani) |
Grego | Κυπριανός (Kyprianos) |
Holandés | Cyprianus, Cypriaan |
Húngaro | Ciprián |
Inglés | Cyprian |
Islandés | Kýpríanus |
Italiano | Cipriano |
Latín | Cyprianus |
Lituano | Kiprijonas |
Noruegués | Cyprianus |
Polaco | Cyprian |
Portugués | Cipriano |
Ruso | Киприан (Kiprian) |
Sardo | Cipriànu |
Serbio | Кипријан (Kiprijan) |
Sueco | Cyprianus |
Ucraíno | Кипріян (Kiprijan) |
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Cibrán na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Cipriano na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán
- Lista de nomes masculinos en galego
- Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
Bibliografía
editar- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.